VOLTA O SAMAÍN

Victoria

O 30 de outubro celebramos o Samaín, no Colexio “Juan Fernández Latorre”.

O Samaín é unha celebración tradicional de Galicia para recordar aos mortos. Esta festa celébrase dende hai moitos anos, porque é unha forma de pasalo ben e á vez de honrar aos que xa non están con nós.

O día 29 deixamos as cabazas decoradas con caras terribles no Colexio. O día 30, pola tarde acenderanse e iremos con elas desfilando ata a praza de Pablo Iglesías, faremos unha paradiña no cemiterio de Oza, onde os gaiteiros da Asociación IAR tocarán unha canción para honrar  aos nosos defuntos.

Ao rematar, eu deixo a cabaza na praza que está fronte a miña casa para asustar á xente que pasa; anímaste a deixar a túa?

Javier, Laura N e Nora

Powered by Drupal - Design by artinet