Nós tamén creamos

Aquí tedes o resultado final, a curtametraxe elaborada ao longo deste curso por un grupo de mestras-es, e o alumnado de 1ºB e 2ºB do Colexio. Trátase de dar vida cinematográfica ao conto da editora OQO, "Non quero ser un polbo". Esperamos que o disfrutedes!!

 

Listaxes definitivas de admitidos

Comunicamos a todos os interesados que, finalizado o prazo de reclamacións, procedemos a publicar as listaxes definitivas de alumnado admitido para o curso 2014-15. Estas listaxes non sufriron ningunha variación con respeto ás provisionais. Podedes consultalas aquí.

O prazo de matrícula será do 20 ao 30 de xuño na Secretaría do Colexio. Debedes entregar, entón:

  1. Folla de matrícula cuberta (a recoller no Centro)
  2. Catro fotos tamaño carné
  3. Fotocopia da tarxeta sanitaria
  4. Certificado médico ou fotocopia do libro de vacinas.

Saídas do terceiro trimestre

Xa está dispoñible a listaxe coas saídas deste terceiro trimestre, que podedes consultar aquí, ou no taboleiro do Colexio. Lembrade que agunhas poden sufrir cambios dependendo do tempo, e que tamén podería ser que xurdiran novas propostas. En todo caso, a relación de saídas estará actualizada en cada momento.

Aproveitamos para lembrar que o día 2 de maio non haberá clase, xa que foi o día non lectivo elixido polo Centro neste curso.

Gañamos o Festival de Curtametraxes!

O día 10 de abril, foi a final do certame de curtas en galego no que participamos o alumnado de 5º e 6º do noso Colexio.

A curta de 5º foi seleccionada, con outras cinco, para presentarse na final que tivo lugar ,na Escola Oficial de Idiomas de A Coruña

Nesta gala, a curtametraxe de quinto "Hipnonenos" foi elixida como gañadora deste certame na categoría infantil.

 Emocionámonos moitisimo, ao saber que eramos os gañadores@ de entre todas as curtas realizadas.

Tania e Carlota 5ºA

Admisión Alumnado 14-15: listaxes provisionais

O pasado luns 7 de abril, o Consello Escolar referendou as listaxes provisionais que a continuación publicamos. Agora ábrese un periodo - ata o 25 de abril- para que as familias disconformes co resultado poidan presentar recurso na Secretaría do Centro. Pasado este tempo publicaremos as listaxes definitivas, coas instruccións para o proceso de matrícula de novo alumnado.

Campamentos de verán

Ata o 10 de abril podedes pedir os campamentos de verán da Xunta de Galicia. Toda a información no seguinte enlace.

accion_veran_azul

Becas comedor 2014-15

O Concello da Coruña ven de publicar no BOP a convocatoria de becas para os comedores escolares de cara ao vindeiro curso 2014-2015.

Clicando na imaxe atoparedes toda a información sobre a convocatoria que remata o 8 de abril.

Curtametraxes do terceiro ciclo

Aquí está o resultado do traballo realizado no marco da actividade extraescolar de Elaboración dunha curtametraxe en língua galega, desenrolado durante o primeiro trimestre do curso para o alumnado de 5º e 6º de primaria. Noraboa ás novas actrices e actores, e como non aos seus profesores.


Powered by Drupal - Design by artinet