Programa Educa Saúde

Dende outubro e ata finais de decembro o noso Colexio será beneficiario do desenvolvemento deste programa municipal, que consiste en diferentes charlas educativas e informativas para o alumnado e as familias, con temáticas diversas; médica, afectivo-sexual, educación social, emocional, etc. As charlas para o alumnado serán polas mañáns, e para as familias polas tardes de 4 a 5,30h, contando coa posibilidade de deixar aos nenos-as realizando talleres paralelos. Dende aquí os animamos a participar acudindo ás diferentes charlas, onde encontraredes unha importante axuda na tarefa de educar na familia.

Actividade lúdica de judo

Os días 26 e 27 viñeron ao Colexio Alex e Juan profesores de judo que moitos xa coñecedes. Nesta ocasión a idea foi a de promocionar, unha vez máis, unha práctica deportiva que conta con moitos beneficios recoñecidos, e ademáis inculca importantes valores deportivos e sociais. O alumnado de 1º, 2º e 3º foi o obxectivo desta iniciativa. Continuaremos achegando a todos a posibilidade de coñecer diferentes disciplinas deportivas.

Extraescolares 2013-2014

Colgamos aquí toda a información que precisades para coñecer toda a oferta de actividades extraescolares durante o presente curso. Atoparedes actividades organizadas exclusivamente pola ANPA e outras en colaboración co Concello de A Coruña a través do Servizo Municipal de Educación. Moitas delas terminan o prazo de matrícula antes do 28  de setembro.

CIRCULAR DO ANPA

PLANNING DE ACTIVIDADES

LISTEN AND SPEAK

XOGOS ESCOLARES

Gracias dende Guinea Bissau

Lembrades aquel mercadillo solidario de xoguetes a finais do mes de xaneiro, no que pretendíamos recaudar a maior cantidade de cartos posible para construir unha escola nova nunha aldea de Guinea Bissau. Pois agora María, a responsable de Miradas al Mundo, quere compartir con todos un vídeo no que todos os nenos e nenas da aldea agradecen a axuda recibida aos nenos do noso colexio e doutros que tamén colaboraron.
https://plus.google.com/u/0/photos/115450016972353934311/albums/55406473...

Circular de inicio de curso

O mércores 11 de setembro iniciamos o curso 2013-14 con normalidade, pero sobre todo con moita ilusión e gañas de que todo funcione o mellor posible.

Recibimos a visita, para inaugurar o curso, da Delegada Provincial, do Xefe da Inspección Educativa de A Coruña e da na nosa inspectora. Acompañados polos medios de comunicación fixemos un percorrido polas instalacións e as aulas do Colexio, e tiveron ocasión de falar con alumnos e profesoras.

Como todos os comezos de curso entregamos a importante circular de inicio na que atoparedes información moi útil durante todo o curso. Deixamos unha copia aquí para que a consultedes en calquera momento.

Listaxes de material

EDUCACIÓN INFANTIL: A relación de materiais entregouse no mes de xuño. Finalmente a entrega por parte das familias pode ser o xoves 5 de setembro de 10 a 12h e o luns 9 de 10 a 11,30h.

1º ED. PRIMARIA: Listaxe de materiais. No documento veñen os días de entrega.

2º ED. PRIMARIA: Listaxe de materiais. No documento veñen os días de entrega.

3º ED. PRIMARIA: Listaxe de materiais. O alumnado traerá o material o primeiro día de clase.

4º ED.PRIMARIA: Listaxe de materiais. O alumnado traerá o material o primeiro día de clase.

5º ED. PRIMARIA: Listaxe de materiais. O alumnado traerá o material o primeiro día de clase.

6º ED. PRIMARIA: Listaxe de materiais. O alumnado traerá o material o primeiro día de clase.

Profesorado 2013-14

Celebramos o primeiro Claustro do ano académico no que realizamos a adscrición do profesorado do Colexio, que quedou da seguinte forma:

TITORÍAS - ESPECIALISTAS

En un día ou dous publicaremos as listas de material dos diferentes cursos e as datas coas horas de entrega.

Arranca o curso 2013-2014

Non hai moito que despedíamos o curso anterior e xa estamos comezando o seguinte. A partir do luns 2 de setembro o Colexio estará aberto no horario habitual, de 9 a 14h. Tamén nesa semana publicaremos as listaxes de material cos horarios e días de entrega, coñeceredes ao profesorado das diferentes clases, e teredes novamente información o máis actualizada posible. Xa sabedes que as clases empezan o mércores 11 ás 9h.

Encontraredes novidades importantes como a nova posibilidade de  acceso ao Colexio pola Av. dos Caídos, da que vos adiantamos unha foto neste artículo. Tamén a nova aula de música no andar superior e asubstitución dunha parte dos canalóns do edificio. Obras executadas principalmente grazas ao Concello da Coruña.

Powered by Drupal - Design by artinet