Gañamos o Festival de Curtametraxes!

O día 10 de abril, foi a final do certame de curtas en galego no que participamos o alumnado de 5º e 6º do noso Colexio.

A curta de 5º foi seleccionada, con outras cinco, para presentarse na final que tivo lugar ,na Escola Oficial de Idiomas de A Coruña

Nesta gala, a curtametraxe de quinto "Hipnonenos" foi elixida como gañadora deste certame na categoría infantil.

 Emocionámonos moitisimo, ao saber que eramos os gañadores@ de entre todas as curtas realizadas.

Tania e Carlota 5ºA

Powered by Drupal - Design by artinet