Sobre os libros de 3ºEP e 5ºEP.

O pasado venres 26 de xuño chegou ao Colexio a resposta do Xefe Territorial por escrito, á nosa proposta de cambio de libros. Esa contestación foi NEGATIVA para 3º e 5º. Ante esta situación de desigualdade de oportunidades, para co alumnado de 3º e 5º, e o seu profesorado, xa que non se lles permite utilizar libros adaptados á LOMCE, creando así un agravio comparativo en relación ao resto de alumnado e profesorado de Primaria, esta Dirección, en acordo co resto dos colexios públicos coruñeses adoptou a decisión de publicar a listaxe definitiva de libros de texto para o vindeiro curso, modificando os libros de 3º e 5ºEP, que pasan a ser os mesmos do curso anterior, tal e como obriga o artigo 1.2 da Orde do 21 de maio de 2015 pola que se regula o "fondo solidario de libros".

LISTAXE OFICIAL DE LIBROS 2015/16 (ACTUALIZADA O 03/07/15)

iMPORTANTE: LER OS AVISOS PARA 3º E 5º, NA ÚLTIMA FOLLA DO ARQUIVO.

Formalización de matrícula para o curso 15/16

DOCUMENTACIÓN NECESARIA (solo alumnado de novo ingreso):

 XOVES 25 DE XUÑO, ÁS 17H, REUNIÓN COAS FUTURAS FAMILIAS DO ALUMNADO DE  3 ANOS

Libros de texto no curso 2015-16

Publicamos a listaxe aprobada polo Claustro de Profesores. OLLO!!, dous avisos importantes:

  1. Os libros de 3º e 5º de Primaria non foron aprobados pola Xefatura Territorial.
  2. En 5ºEP solicitamos o Proxecto EDIXGAL, posiblemente non necesiten ningún libro de texto, aínda que aparezan no listado de momento.
  3. Por favor, ler os avisos na última folla do documento enlazado na imaxe.

Axudas para a adquisición de libros de texto.

  1. Familias do futuro alumnado de 1º-2º-4º-6ºEP :   Ata o día 02 de xullo, e na Secretaría do Centro, pódese presentar a solicitude cuberta acompañada da fotocopia do libro de familia. A solicitude recóllese na conserxería. CIRCULAR        ORDE do DOG   
  2. Familias do futuro alumnado de 3º e 5ºEP       ORDE do DOG

CIRCULAR LIBROS 3ºEP                       CIRCULAR LIBROS 5ºEP

Blog da viaxe a Cantabria

Neste blog recibiredes información diaria e actualizada da viaxe a Cantabria do alumnado de 6ºEP

http://jflatorre.tumblr.com/

O noso primeiro Lip Dub

Para poñer o broche de ouro á Semana das Letras Galegas, e despois de catro ensaios, por fin o venres 29 de maio fixemos a grabación do lip dub que promoveu o Equipo de Dinamización da Língua Galega do Colexio. Como veredes un traballo absolutamente entusiasta e colectivo de alumnado e profesorado. E todo coa canción "En galego, meu o mundo é", de Paco Nogueiras, do seu libro-disco: Brinca Vai!

 

Festival das Letras Galegas

Celebrámolo o luns 25 de maio no Salón de Actos do Colexio. Realizamos dous festivais, o primeiro para os máis pequenos e o segundo para o resto. queremos agradecer a todos os participantes a implicación e o empeño posto para as diferentes actuacións; alumnado e profesorado.

Semana das Letras Galegas

Entre o luns 18 e o venres 22 de maio deste 2015 celebramos unha semana especial, desenvolvendo actividades moi relacionadas coa expresión da nosa cultura  e tradición. Nesta ocasión falamos da actividade de xogos tradicionais que durante todos os recreos tivo lugar no patio para o alumnado de primaria. Contamos coa colaboración da A. C. "A Modiño" que prestounos parte do material utilizado, e tamén coa implicación de alumnado de 6ºEP na monitorización dos xogos. A outra actividade, consistía na realización de talleres de oleiros, impartidos por un experto artesán de Buño, e como protagonistas, o alumnado de infantil e 6ºEP. Ademáis a exposición do autor homenaxeado, e como guinda teremos o Festival das Letras o vindeiro luns 25.

Powered by Drupal - Design by artinet