FESTA DO 20 ANIVERSARIO

FELICIDADES A TODOS E A TODAS POR ESTES 20 ANOS!!!

Para celebrar os nosos 20 anos fixemos unha tarta enooooorme, unha cadea humana que rodeaba toooodo o colexio, cantamos o cumpreanos feliz todos xuntos, tivemos moitas visitas de profes e xente moi coñecida por moitos de vós e unha pequena gran merenda.

Deixámosvos unhas fotos da celebración desta data tan sinalada para todos.

20 anos xuntos!!

O vindeiro luns o Colexio cumpre vinte anos dende a súa inauguración, o 3 de decembro de 1992. Dúas décadas nas que a sociedade cambiou moito e o colexio tamén con ela, procurando adaptarse aos cambios e mellorar curso tras curso . Máis de 1000 alumnos formáronse nas nosas aulas nestes anos.


Conmemoramos dun xeito sinxelo este evento ao longo do ano, pero este luns ao mediodía faremos unha pequena festa de cumpreanos coa axuda de todos os nenos e nenas do Colexio.


Na entrada principal, podedes visitar unha mostra de imáxes do pasado do Colexio, coa que queremos rendir unha pequena homenaxe ao protagonista deste evento, o CEIP Juan Fernández Latorre de A Coruña

NO DÉCIMO ANIVERSARIO DO SEU PASAMENTO

 



Carlos Casares


1941- 2002


..Pois Lorenzo ten unha galiña azul con cinco plumas vermellas na á dereita.
É unha galiña moi bonita e moi rara. Pon ovos de colores. Xa puxo dous marelos, un rosa e tres verde mar.  Ademais non di cacaracá, senón cocorocó. E isto ten moi preocupadas as autoridades.


Díptico aquí

Resultados das eleccións

No sector de pais estes foron os resultados:


- Anna Irene Espinosa: 16 votos


- David Fernández Martínez: 17 votos


- Margarita Seoane Barreiro: 8 votos


- Sonia Portas Sexto: 18 votos


Polo tanto Sonia e David serán os novos representantes das familias no Consello Escolar despóis desta igualadísima votación. No ámbito do profesorado eleximos a Conchi, Susi e Paz, quedando Azucena como suplente. Por último Raquel, a conserxe, será a nova representante do persoal non docente. O vindeiro luns 10 de decembro constituirase o novo Consello Escolar do Colexio. Grazas a todos os participantes, especialmente aos candidatos-as e as nais e pai colaboradores na mesa electoral.

CAPERUCITA ROJA

Este venres 23 tocoulle o turno a un clásico da literatura infantil: "Caperucita Roja". Sara, Carla e Lura de 3ºB prepararon uns monicreques xeniais cos protagonistas do conto e fixeron unha posta en escea incríble. Tamén hai que salientar a axuda inestimabel das súas nais na preparación previa. Deixámosvos unhas fotos como mostra do ben que o fixeron.


Votacións para o Consello Escolar

O luns 26 de novembro serán as eleccións para elexir os diferentes representantes no Consello Escolar do Colexio. As familias poderán exercer o seu dereito ao voto entre as 17h e as 20 horas no Salón de Actos.


DÍA DO CONTO: "CHIBOS CHIBÓNS"

Este venres 16, tocoulle o turno a un conto moi coñecido por todos "Chibos Chibóns".

A encargada de contalo foi Jennifer de 4ºB. Preparou uns pequenos monicreques para representar o conto e quedoulle de marabilla.

Mirade unhas fotos dos seus monicreques e de como estaba a biblio de público.

Celebración do Magosto

Con novedades como os xogos tradicionais para o primeiro ciclo e o concerto de Pirilampo, celebramos un curso máis a tradicional festa do magosto. Acompoñou o tempo, o que fixo que todo resultara mellor. Boas castañas, marabillas de recipientes, música, xente de todas as idades, en fin, unha festa estupenda.


XOGOS POPULARES A CAPELA 2ºB

A clase de 2ºB estivo no Ceip Mosteiro de Caaveiro, A Capela - Ferrol. Nese cole está o Centro de Interpretación do Xogo Tradicional, que pretende conseguir entre outras cousas manter o noso patrimonio lúdico. Os nenos, nenas, profesorado, pais e nais están involucrados totalmente neste proxecto e temos a sorte de que o comparten con todos aquelos que queiran. Estivemos xogando toda a mañá cos nenos e nenas de 2º que fixeron de "profes" por un día. Deixamos aquí unha mostra do ben que o pasaron.

Powered by Drupal - Design by artinet