Excursión a Manzaneda do APA

Entre o venres 15 e o domingo 17 de xuño o APA organizou a súa excursión de final de curso nas instalacións de Cabeza de Manzaneda en Ourense. No seguinte vídeo temos unha mostra do ben que o pasaron.

O Proxecto Abalar chega ao Colexio


A Consellería de Educación concedeu ao noso Centro a participación no Proxecto Abalar a partir do curso 2012- 13. A concesión deste proxecto de innovación educativa supón diversos cambios no terceiro ciclo de educación primaria, e máis concretamente en quinto nivel para o vindeiro curso. A posibilidade de que cada alumno dispoña dun ordenador persoal conectado a internet na súa propia aula e de forma permanente, significará un progresivo cambio no proceso de ensinanza-aprendizaxe. Tamén suporá un impulso para a mellora da comunicación entre as familias e o Colexio no marco das novas tecnoloxías.

No Camiño con quinto

Venres 8 de xuño, día preveraniego, e como cada ano, fieles a la cita, o alumnado de 5º aborda o precioso tramo do camiño francés entre Furelos e Ribadiso. Por terceiro ano consecutivo o realizamos cos compañeiros do CEIP Curros Enriquez. Pasámolo en grande! mirade...

Axudas para os libros de texto

A Consellería de Educación ven de convocar a través da publicación no DOG, as axudas para mercar os libros de texto en primaria para o curso 2012-13. A solicitude pode entregarse na secretaría do colexio ata o 02 de xullo. Para máis información facede clic nesta ligazón.

Festival das Letras Galegas

O venres 25 de maio conmemoramos o Día das Letras Galegas 2012, e como colofón ás diferentes actividades realizadas nos días anteriores, celebramos un festival no que participou o alumnado con cancións, bailes e poesía. Grazas a todos polo voso traballo. FOTOS DO FESTIVAL


Adeus Antonio

Logo de 35 anos como mestre, dos que 19 cursos foron no Fdez Latorre, Antonio Palla xubílase. No transcurso do festival das Letras Galegas foi homenaxeado polo alumnado e profesorado do Centro. Nós desexámoslle unha nova etapa da súa vida chea de saúde para poder disfrutala ao máximo. Noraboa Antonio e moitas felicidades.

Listaxes definitivas de alumnado admitido no curso 2012-13

Unha vez trancurridos os prazos publicamos as listaxes definitivas de        admitidos que poden ser recurridas en recurso de alzada ante o Xefe Territorial de Educación de A Coruña no prazo de un mes a partir do 16 de maio. Houbo algunhas variacións en 4º EI. xa que se presentaron tres reclamacións, das que dúas foron atendidas positivamente. En 4º Ed. Infantil faltan 5 prazas por asignar por parte da Comisión de Escolarización, que previsiblemente corresponderanlle aos cinco seguintes da lista. Tamén, en 1ºEP xurdiu unha vacante nestes días, que se lle adxudica ao primeiro solicitante da lista.Lamentamos non poder atender todas as solicitudes, pero as vacantes que ofertamos son as máximas posibles.



O alumnado admitido deberá matricularse na Secretaría do Colexio entre o 20 e o 29 de xuño

Valentín Paz Andrade

O xoves 17 de maio celebramos un ano máis o Día das Letras Galegas. Este  ano, como sabedes, conmemoramos ademáis o 50º aniversario desta celebración. O 2012 está adicado a Valentín Paz Andrade, escritor polifacético do século XX.


Facendo clic na imaxe podedes descargar o díptico elaborado polo Equipo de Dinamización da Língua Galega deste Colexio, no que atoparedes resumida información sobre o autor e a súa obra. Tamén podedes traballar con máis profundidade a figura de Paz Andrade seguindo o seguinte link http://www.xunta.es/linguagalega/letras_galegas cheo de información e actividades.

Powered by Drupal - Design by artinet