Colaboración co Albergue do Pai Rubinos

 Un ano máis    animamos a todas e todos a que colaboredes coas vosas aportacións para sumar na labor que fai a Institución Benéfica Pai Rubinos coas persoas máis necesitadas da nosa cidade. Dende o Albergue nos piden especialmente aceite, latas de conserva, productos de hixiene persoal e calcetíns. O martes 20 de decembro unha representación do alumnado levará todo o recollido e visitará as instalacións e coñecerán o funcionamento desta institución.

Concienciados nas discapacidades

Este curso adicamos a conmemoración anual con motivo do Día Mundial das Persoas con Discapacidade a aquelas que teñen limitada a súa capacidade visual. Todo o alumnado de primaria e algúns de infantil tiveron a oportunidade de realizar un circuito cos ollos vendados, poñendose así, por uns instantes, na pel das persoas con discapacidade visual.

 

Promoción do deporte

O luns 21 de novembro achegaronse ao Colexio tres xogadores do Basket Coruña para realizar unha sesión de apoio e promoción do deporte do baloncesto, que por certo, xa conta con moitos adeptos entre o alumnado. Tamén aproveitaron para agasallar aos participantes, 3º e 4º, con abonos gratuitos para asistir aos partidos do mellor clube de baloncesto da nosa cidade. Moitas gracias

Resultados da Avaliación Diagnóstica

  Como sabedes o alumnado de 4º de primaria realizou no mes de maio de 2011 unha proba para coñecer o nivel e desenrolo das competencias matemática, lingúística e de interacción co mundo físico. Esta proba fixérona o mesmo día todos os alumnos galegos de 4º de primaria. Os resultados acadados polo Centro e a súa comparación coa media galega pódense  consultar no seguinte documento.

O magosto en imaxes

Logo do aprazamento ao final a meteoroloxía axudounos e puidemos facer o magosto. Unha actividade na que colaboramos todos: alumnado, profesorado, familias, ANPA, conserxe, limpadora, en resumo unha actividade colectiva = éxito colectivo. (Fotos de Joanna e Miriam de 6ºEP)



Celebra o Magosto con nós

O venres 11, se o tempo acompaña, celebraremos o tradicional magosto do Colexio. As familias tamén estades invitadas a participar a partir das 12,30h. Mentras tanto deixamos unhas actividades para xogar e aprender, feitas co programa EDILIM polo Equipo de Dinamización da Língua Galega do Centro.




 

Imaxes do Samaín

Pasou a festa do Samaín e novamente queremos felicitarvos pola vosa participación. Cantidade e calidade configuraron un ano máis a exposición de cabazas decoradas, amosando o froito dunha actividade, que nunca mellor dito, fai e faise en familia. Noraboa!

O SAMAÍN

O día 2 de novembro celebraremos o Samaín. Non esquezas traer a túa cabaza, terás unha sorpresa! Á tardiña, participa no desfile.


Se queres:



  •   Máis información sobre a tradición das   cabazas,  clica aquí.

  •   Ver materiais para traballar, clica aquí.

  •   Xogar coas cabazas, clica na imaxe de arriba.

Lavado de cara

Durante a semana do 24 ao 28 de outubro o ximnasio estará pechado para proceder ao seu pintado. Igualmente, entre os días 2 e 4 de novembro estará pechado o salón de actos para pintalo novamente. A continuación serán as aulas da planta baixa as que serán rehabilitadas, pero exclusivamente en horario de tarde para non entorpecer as actividades lectivas. Agradecemos ao Concello, unha vez máis, estas actuacións que contribúen ao mantenemento das instalacións educativas que disfrutamos tod@s

Powered by Drupal - Design by artinet