Resultados da Avaliación Diagnóstica
Como sabedes o alumnado de 4º de primaria realizou no mes de maio de 2011 unha proba para coñecer o nivel e desenrolo das competencias matemática, lingúística e de interacción co mundo físico. Esta proba fixérona o mesmo día todos os alumnos galegos de 4º de primaria. Os resultados acadados polo Centro e a súa comparación coa media galega pódense consultar no seguinte documento.
Imaxes do Samaín
Pasou a festa do Samaín e novamente queremos felicitarvos pola vosa participación. Cantidade e calidade configuraron un ano máis a exposición de cabazas decoradas, amosando o froito dunha actividade, que nunca mellor dito, fai e faise en familia. Noraboa!
O SAMAÍN
O día 2 de novembro celebraremos o Samaín. Non esquezas traer a túa cabaza, terás unha sorpresa! Á tardiña, participa no desfile.
Se queres:
- Máis información sobre a tradición das cabazas, clica aquí.
- Ver materiais para traballar, clica aquí.
- Xogar coas cabazas, clica na imaxe de arriba.
Lavado de cara
Durante a semana do 24 ao 28 de outubro o ximnasio estará pechado para proceder ao seu pintado. Igualmente, entre os días 2 e 4 de novembro estará pechado o salón de actos para pintalo novamente. A continuación serán as aulas da planta baixa as que serán rehabilitadas, pero exclusivamente en horario de tarde para non entorpecer as actividades lectivas. Agradecemos ao Concello, unha vez máis, estas actuacións que contribúen ao mantenemento das instalacións educativas que disfrutamos tod@s
Noraboa ximnastas!
Aínda que xa pasaron algúns meses queremos felicitar dende aquí, e públicamente ao grupo de nenas de categoría "baby" das actividades extraescolares, polo segundo posto obtido no VIII Trofeo Cidade da Coruña de Ximnasia Rítmica "AXIGA", celebrado o 11 de xuño de 2011. Noraboa tamén a súa profesora María polo traballo desenvolto.
MEMORIAS DUN NENO LABREGO
Celebramos o 50 aniversario da publicación do libro de Xosé Neira Vilas "Memorias dun neno labrego"
O día 26 de outubro recibiremos a visita do autor, mentres podemos coñecer a Balbino con estes carteis e actividades.
Tamén podemos xogar e aprender sobre o libro facendo clic na imaxe.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 77
- 78
- 79
- 80
- 81
- 82
- 83
- 84
- 85
- …
- seguinte ›
- última »