Outras actividades

PLAN DIRECTOR 2016-17: SEGURIDADE EN INTERNET

Comezamos as actividades complementarias deste curso cunha nova actividade incluída dentro do PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E A MELLORA DA SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS E NOS SEUS CONTORNOS. Dito Plan, froito da cooperación entre as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e as autoridades educativas, ten como principal obxectivo "responder de maneira coordinada e eficaz ás cuestións relacionadas coa seguridade de menores e xoves na escola e no seu contorno". 

A actividade, realizada o venres 7 de outubro, consistiu nunha charla impartida no centro por unha axente da Policía Nacional aos alumnos e alumnas de 5º e 6º de educación primaria. Resumimos os principais obxectivos da mesma:

- Informar aos rapaces e rapazas dos principais problemas de seguridade que lles afectan como colectivo, prestando especial atención á prevención dos riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxías e ao uso das redes sociais.

- Sensibilizalos e orientalos sobre aqueles comportamentos que podan derivar en accións delictivas, fomentando os valores de responsabilidade, igualdade, respecto e convivencia. 

- Inculcarlles a necesidade de comunicar ou solicitar axuda dos seus pais ou profesores acerca de feitos que ocorran dentro ou fóra do recinto escolar, cando a gravidade da situación así o aconselle. 

- Mellorar o seu coñecemento e confianza en relación co funcionamento das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e o servizo público que prestan á comunidade así como os distintos canles de comunicación coas mesmas.

 

   

(Preme nas imaxes para acceder á galería de fotos)

Na seguinte presentación temos uns consellos moi interesantes sobre a seguridade en internet:

 

 

AULA CICLISTA 2016

O venres 20 de maio tivo lugar no centro unha nova actividade relacionada co deporte e os seus beneficios: AULA CICLISTA 2016, un programa de formación en ciclismo e alimentación responsable promovido pola Asociación de Ciclistas Profesionales. A actividade ía dirixida aos alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria e constou de dúas partes ben diferenciadas:

1. Na primeira parte os alumnos asistironno salón de actos do centro a unha charla, acompañada de vídeos e presentacións, impartida por un exciclista profesional que lles explicou nocións básicas de seguridade vial. Continuou explicándolles como se preparaban os ciclistas antes das carreiras, a súa alimentación, os distintos tipos de competicións... acompañado todo isto con anécdotas e particularidades sobre o mundo do ciclismo. A  sesión foi tamén moi participativa pois ao final da mesma os rapaces e rapazas fixéronlle preguntas de todo tipo ao conferenciante, que tratou de satisfacer a curiosidade de todos eles. 

2. Nunha segunda parte, que se desenvolveu no patio do colexio, por grupos,  os nenos e nenas disfrutaron cunha sesión práctica facendo distintos percorridos en bicicleta na pista cuberta do patio traseiro. Este foi o momento máis divertido e como veredes polas fotos: pasárono fenomenal!.

Algúns dos nenos e nenas participantes foron seleccionados para participar na Volta Ciclista Junior que se desenvolve de forma paralela á Volta Ciclista a España.

Aquí tedes algúns dos consellos que promove a AULA CICLISTA:

 

 

XORNAL ESCOLAR 2016

 

Para os que non puidestes velo na tele... deixámosvos os enlaces ao programa XORNAL ESCOLAR, da cadea de televisión local TELEMIÑO, que protagonizou o noso centro.

 

 

 

XORNAL 

ESCOLAR 

1ª PARTE

XORNAL 

ESCOLAR 

2ª PARTE 

(Preme nas imaxes para ver os vídeos)

XORNAL ESCOLAR

Xa temos aquí o suplemento do xornal La Región adicado ao noso centro:

Tamén vos deixamos os enlaces á edición dixital do mesmo xornal:

(Premede en cada unha das imaxes para ler as diferentes novas sobre o centro)

 

XORNAL ESCOLAR

Despois da experiencia positiva do ano pasado, este curso volvemos a participar nunha nova edición do programa XORNAL ESCOLAR, programa da cadea de televisión local TELEMIÑO. O pasado 12 de abril realizouse a gravación nas instalacións do centro e o 18 completouse coa gravación nos estudios de TELEMIÑO. 

O programa emitirase por primeira vez o vindeiro sábado, 7 de maio, ás 11 da mañá e logo volverá a emitirse varias veces ao longo da semana (domingo ás 14:30 horas, e resto dos días consultar programación). Como anticipo do programa, o mércores, 4 de maio, sairá publicado no xornal LA REGIÓN, un especial adicado ao noso colexio e á gravación do programa (especial tamén denominado XORNAL ESCOLAR). 

Nas seguintes imaxes podemos ver un anticipo do programa e os seus protagonistas:

                 OS PRESENTADORES...           O COMEDOR ESCOLAR... E AS SÚAS                                          MASCOTAS... 
              A BIBLIOTECA E OS MÁIS                                     PEQUERRECHOS DO COLE...              A AULA DE 2º A E SAMANTHA, A NOSA                  AUXILIAR DE CONVERSA...
O HORTO DOS AMIGOS DE CARDIO... OS RAPEIROS DE 6º CURSO...
   
OS BAILARÍNS DE 4º...  OS MÚSICOS DE 5º...
               OS XOGOS E ADIVIÑAS...                       E MÁIS SORPRESAS...

E OS MOMENTOS VIVIDOS NO ESTUDIO DE GRAVACIÓN...

 NOS VOS PERDADES A EMISIÓN DO PROGRAMA O VINDEIRO 7 DE MAIO EN TELEMIÑO!!

 

DÍA DO DEPORTE

O martes 19 de abril celebramos o DÍA DO DEPORTE como complemento e remate do programa CANDO XOGO... EN GALEGO!!, programa que estivemos realizando ao longo de 6 semanas. Co mesmo tratabamos de aunar o fomento de hábitos saudables, como é o da actividade deportiva, e o fomento da nosa lingua dando a coñecer, para o seu posterior uso, o vocabulario específico en galego dos deportes máis coñecidos (máis información en entradas anteriores). Foi unha xornada de convivencia lúdico-deportiva na que todo o alumnado participou na medida das súas posibilidades, tratando tamén de fomentarse o espíritu deportivo, o compañeirismo e a autoestima. 

Agradecemos a Ourense C.F. / Ourense- Envialia F.S. e o Clube de Atletas Veteranos de Ourense a súa colaboración na organización deste día e a súa participación nas diferentes actividades.  

Aquí tedes un resumo en imaxes de como transcurriu este dia:

   
1. Comezamos ás 10 da mañá na biblioteca do centro cunha charla sobre atletismo para 5º e 6º de primaria  2. Sesións de quecemento antes das probas de atletismo
   
3. Ás 11, por cursos, os alumnos/as dende 1º ata 6º de primaria realizaron un circuíto señalizado polo patio do colexio 4. Ás 11:30 charla sobre fútbol dirixida a 4º, 5º e 6º de primaria 
   
5. Ás 12:15 os pequenos/as de infantil rotaron por tres diferentes circuitos de psicomotricidade  6. Tamén ás 12:15 comezaron os partidos de fútibol sala (dúas semifinais e unha final) 
   
Así viviron as competicións dende as bancadas    Rematamos coa entrega de diplomas e medallas conmemorativas a todo o alumnado

CONTOS CON PISTA

O pasado 18 de abril visitounos unha vez máis Raquel Queizás. A gran actriz e contadora de contos fixo as ledicias dos alumnos e alumnas de 2º, 3º, 5º e 6º de primaria. 

Nesta visita representou o seu espectáculo CONTOS CON PISTA. No mesmo, co seu habitual bo facer, contou, escenificou, cantou e mantivo a intriga e interese dos nenos e nenas con historias basadas en lendas tradicionais galegas.

Partindo das súas vivencias da infancia na aldea, enlazou con tres historias protagonizadas por personaxes do imaxinario popular galego como son: os trasnos, o home do saco e a moura. Unha forma divertida e amena de achegar aos rapaces e rapazas a literatura galega de tradición oral. 

 

CANDO XOGO... EN GALEGO!!

Como complemento ao programa que estamos a desenvolver no colexio CANDO XOGO... EN GALEGO!!, este martes, 19 de abril, celebraremos unha xornada adicada ao deporte. Ao longo da mesma os nenos e nenas participarán en distintas probas e asistirán a pequenas charlas sobre dous dos deportes máis coñecidos e practicados por eles: o fútbol sala e o atletismo. Este día contaremos coa colaboración do OURENSE C.F., OURENSE-ENVIALIA  F.S. FEMININO e o CLUBE ATLETAS VETERANOS DE OURENSE. Remataremos a xornada coa entrega de medallas conmemorativas a todo o alumnado. Esperemos que o tempo nos acompañe neste día!! 

Este é o programa da xornada:


CANDO XOGO... EN GALEGO!!

CANDO XOGO... EN GALEGO! é o nome da campaña que se está realizando no centro promovida polo Equipo de Educación Física e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, co fin de que os alumnos e alumnas coñezan e empreguen o vocabulario galego básico asociado aos deportes máis coñecidos e practicados por eles. Traballarase o vocabulario dos seguintes deportes: fútbol, baloncesto, ciclismo, tenis, atletismo e xogos populares. Cada deporte foi asignado a un curso determinado que é o que se encarga de buscar o vocabulario, prepara un listado coas principais palabras do mesmo e elabora un mural que se expón na entrada do colexio durante unha semana para que poda ser visto polo resto do alumnado. Así sucesivamente durante seis semanas ata que se expoñan os seis deportes mencionados.

Esta actividade rematará coa celebración o día 19 de abril do DÍA DO DEPORTE, con diferentes actividades lúdico-deportivas. 

Aquí vos deixamos unha mostra dos seis deportes  traballados:

 

ATLETISMO - 6º B ED. PRIMARIA - SEMANA DO 19-04 AO 26-04-2016
 
XOGOS POPULARES - 3º ED. PRIMARIA - SEMANA DO 12-04 AO 19-04-2016
 

TENIS - 4º B ED. PRIMARIA - SEMANA DO 05-04 AO 12-04-2016
 
CICLISMO - 4º B ED. PRIMARIA - SEMANA DO 29-03 AO 05-04-2016 
   
 BALONCESTO - 6º A ED. PRIMARIA - SEMANA DO 16-03 AO 29-03-2016 
   
 FÚTBOL - 5º ED. PRIMARIA  - SEMANA DO 08-03 AO 15-03-2016
 

TI RECICLAS, OURENSE GAÑA

Dentro das actividades promovidas polo Concello de Ourense no seu programa de medioambiente, o pasado luns, 7 de marzo, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria asistiron á charla "Ti reciclas, Ourense gaña" , impartida no propio centro por un especialista en educación ambiental. O principal obxectivo desta actividade é o de fomentar nos nenos/as hábitos de coidado e protección do medio ambiente con accións que temos cada día ao noso alcance: separar correctamente os residuos que xeramos na casa e/ou no colexio  para que podan ser reciclados. Na charla ademais de explicarlles o significado dos "TRES ERRES" (reduce, reutiliza e recicla) e do funcionamento da planta de SOGAMA (Sociedade Galega do Medio Ambiente) "onde se recicla todo o susceptible de ser reciclado", coñeceron como se separan os distintos tipos de residuos nos contenedores apropiados para cada un deles, tanto os máis xenéricos (orgánicos, envases, papel e vidro) coma outros que requiren contenedores especiais (pilas, bombillas e lámpadas, mediciñas, aceite usado...)

E para completar esta charla deixámosvos uns enlaces moi interesantes: facendo clic na primeira imaxe podesdes ver uns consellos que publicou SOGAMA para aprender a separar e reciclar e que van dirixidos aos nenos e nenas. E facendo o mesmo na segunda imaxe, tedes acceso a un xogo sobre a reciclaxe:

Powered by Drupal - Design by artinet