O horto dos amigos de Cardio

O HORTO DOS AMIGOS DE CARDIO

Mirade que bos repolos recollemos no noso horto escolar!! Como xa sabedes, a maioría das novas sobre o horto escolar e o proxecto de Voz Natura están recollidos no blog de VOZ NATURA: "ENTRE SALGUEIROS, BIDUEIROS E CARBALLOS". Con esta pequena nova queremos recordarvos que non deixes de consultar dito blog. Premede na imaxe para acceder ao mesmo:

 
   

TRABALLANDO NO HORTO

Xa está aquí a nosa noticia semanal sobre o horto escolar, que agora, coa chegada do bo tempo, está en plena actividade.

1-O venres, 17 de abril, os pequenos/as de 5º de infantil sementaron chícharos:

 

2- E os cativos/as de 4º e 5º de infantil, plantaron unhas bonitas petunias para "seguir poñendo guapa a nosa escola"

(Preme nas imaxes para ver as fichas a maior tamaño)

E mirade como van medrando as nosas colleitas:

 

TRABALLANDO NO HORTO

Grazas ao bo tempo que estamos tendo, a actividade no noso horto escolar vai cada día en aumento. Nesta pasada semana foron varias as actividades que realizamos:

1- O mércores, 8 de abril, os alumnos/as de 3º de primaria estiveron dándolle unhas voltas á zona das tuias (mirtos), plantadas no mes de novembro. Arrincaron as malas herbas, regaron e limparon en xeral o seu contorno.

2- O venres, os cativos/as de 4º de infantil estiveron sementando lirios e dalias para seguir "poñendo guapa a nosa escola"

3- Os pequenos/as de 5º e 6º de infantil  plantaron leitugas e tomates

 (Premede na imaxe para acceder á ficha completa)

Ah!! Tamén puxeron unhas estupendas "guías" para os tomates:

TRABALLANDO NO HORTO: SEMENTANDO XUDÍAS E ALGO MÁIS...

O último venres antes das vacacións de Semana Santa os alumnos/as de 5º e 6º de educación infantil e os de 3º B de educación primaria estiveron no horto realizando dúas tarefas:

1º- Primeiro observaron as nosas plantacións e á vista de certos perigos... colocaron algunhas trampas moi ecolóxicas.

(Preme na imaxe para visualizala a maior tamaño)

2º- Estiveron sementando xudías, logo na clase repasaron as súas propiedades e beneficios e,  os pequenos/as de infantil estiveron facendo uns bonitos traballos... adiviñades con que...?

(Preme na imaxe para visualizala a maior tamaño)

TRABALLANDO NO HORTO: SEMENTANDO PATACAS

Este venres, 13 de marzo, os pequenos/as de Educación Infantil estiveron moi ocupados pola mañá: uns estiveron plantando patacas no horto escolar e outros estiveron con Sergio, un avó, que lles contou que cando el era pequeno non tiña xoguetes e ensinoulles como se poden aproveitar elementos da natureza para xogar e facer xoguetes. Coma sempre na clase completaron o traballo realizado no horto e aprenderon moitas cousas sobre as patacas e as súas propiedades. 

(Preme na imaxe para ver a ficha a tamaño completo)

Aquí tedes aos pequenos/as con Sergio aprendendo a facer xoguetes e xogar con elementos da natureza: remolacha, carozos de millo, guizos, belotas...

TRABALLANDO NO HORTO: ACELGAS E PRÍMULAS

Nesta primeira semana do mes de marzo ademais de traballar no horto traballamos tamén no noso proxecto "Escola ponte guapa".

1º-  Os cativos/as de 5º de infantil continuaron o traballo realizado a semana pasada polos pequenos/as de 4º de infantil e fixeron máis sementeiros de acelgas; así teremos máis plantas que sementar cando medren;  as acelgas teñen moitas propiedades e queremos ter unha boa colleita. 

2º - A continuación, e dado o bo tempo que estamos tendo, tamén retomamos as actividades doutra parte do noso proxecto de "Voz Natura" : "Escola ponte guapa". Que bonitas prímulas estiveron plantando na zona da entrada do colexio!!. E se mirades a ficha adxunta veredes que, ademais de ser moi vistosas e encher de colorido o lugar onde se atopan, tamén teñen moitos beneficios.

(Preme na ficha para vela a maior tamaño)

TRABALLANDO NO HORTO: PLANTANDO ACELGAS E FACENDO SEMENTEIROS DE TOMATES

Por fin despois despois de dous meses sen actividade no horto escolar, chegou o bo tempo e poidemos saír a traballar no noso horto. O venres 27 de febreiro, os pequenos/as de 4º de infantil fixeron un sementeiro ou viveiro de acelgas en varias caixas e tamén plantaron pequenas plantas de acelga na terra. Os nenos/as de 5º de infantil fixeron tamén sementeiros, neste caso de tomates, e plantaron pequenas plantas de tomate noutros sementeiros, aínda é moi cedo para plantar os tomates na terra!!!

(Preme na imaxe para ver a ficha a maior tamaño)

TRABALLANDO NO HORTO: PLANTANDO ALLOS

Este venres, 12 de decembro, os pequenos de educación infantil estiveron sementando allos. Primeiro houbo que preparar a terra, polo que os pequenos/as estiveron carrexando herba que metían nos regos nos que se ían sementar os allos. Logo pisaron a herba dentro das zanxas e cubríronas de terra, para finalmente botar os allos. Aquí tedes algunhas fotos do traballo realizado e a ficha informativa de todo o que aprenderon sobre esta planta tan saudable e boa amiga de Cardio .  

(Preme na imaxe para ver a ficha a tamaño completo)

Esta semana, ademais do traballo no horto, continuamos coa actividade "Escola ponte guapa", enmarcada dentro do proxecto Voz Natura. Nenos/as de infantil, 3º curso, 5º e 6º estiveron plantando árbores en distintas zonas do colexio: unha mazaira, unha pereira, unha cerdeira, un ciruelo e un castiñeiro. Ademais rematamos de plantar os mirtos (tuias) na zona posterior do patio cuberto pequeno. 

 

 

 

 

 

TRABALLANDO NO HORTO

Este foi o traballo que os pequenos de educación infantil realizaron no horto dos amigos de Cardio: PLANTARON LEITUGAS. Coma sempre, completaron o traballo realizado no horto con actividades na aula, entre elas, aprender propiedades e beneficios das plantas que sementan no horto, facer fichas sobre ditas plantas e/ou outros alimentos saudables, xogos dos sentidos...

(Facendo clic na imaxe verala a maior tamaño)

TRABALLANDO NO HORTO

Esta semana plantamos unha variedade de repolos: a lombarda!!

(Preme na imaxe para ver a información a maior tamaño)

Ademais revisamos os comedeiros dos paxaros e no xardín dos sentidos observamos as cores do outono, tocamos obxectos de texturas diferentes, escoitamos os sons da natureza ...

Powered by Drupal - Design by artinet