Orientación

PRIMEIRAS SAÍDAS DOS NENOS E NENAS

Como xa todos sabedes, mañá, 26 de abril, os nenos e nenas menores de 14 anos poderán saír das casas a dar un paseo. Este paseo durará unha hora e irán acompañados por un adulto e por outros irmáns, se tiveran (só ata tres). Este paseo poderá realizarse nos períodos que abranguen dende as 9 da mañá ata as 9 da noite e nun radio dun 1 km arredor das súas casas. 

Deixámosvos uns enlaces onde podedes ver unhas recomendacións sobre as medidas a tomar nestas saídas e contos para explicarlles aos nenos e nenas como van ser as mesmas:

- RECOMENDACIÓNS DE PEDIATRAS

- SUPERHEROE CONTRA O CORONAVIRUS

- OS OSOS SAEN DA CASA 

PARA QUEDAR NA CASA

Que tal familias? Esperamos que esteades todos co ánimo moi alto, entre todos lograrémolo!!. Para facer máis levadeira esta tempada en que nos toca quedar na casa, ademais das tarefas que vos van indicando os profesores para cada curso e para cada materia, deixámosvos unha serie de iniciativas e  unha serie de enlaces para que os nenos e nenas podan seguir traballando dende a casa e tamén para divertirse e ter un pouco de ocio:

O Ministerio de Educación y Formación Profesional pon en marcha a web APRENDO EN CASA, con materiais e recursos on-line para docentes, familias e alumnos.

 

RTVE empeza este luns, 23 de marzo, as emisións do programa APRENDEMOS EN CASA. Esta é unha iniciativa, do Ministerio de Educación y Formación Profesional en colaboración con RTVE, co fin de facilitar a aprendizaxe de todo o alumnado durante a suspensión das actividades lectivas por mor da crise provocada polo coronaviurs COVID-19. 

As emisións realizaranse na canle  2 de TVE  e en CLAN TV.  

TV Clan - as tres horas diarias en Clan (de 09:00 a 12:00 horas) estarán destinadas a estudantes entre 6 e 12 anos.

A 2 de TVE - dúas horas diarias (de 12:00 a 14:00 horas) para estudantes de 12 a 16 anos. 

 

(preme na imaxe para acceder á páxina web do Ministerio de Educación onde tedes toda a información)

 

A Compañía de Radio Televisión Galega tamén emitirá de luns a venres, pola TVG 2, un bloque educativo para apoiar aos estudantes galegos. Realizado colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. A franxa horaria será de 11:00 a 13:00 horas.

Premede no enlace para ver a información: bloque educativo na TVG 2

 

No repositorio de contidos do Espazo Abalar aparecen multitude de recursos que podedes buscar por curso, materia, idioma, tipo de recurso... para facer on-line ou descargar.

 

 EduClan é outra proposta da canle CLAN de RTVE en colaboración co Ministerio de Educación y Formación Profesional e diversas editorias. Unha ferramenta educativa para as familias durante o peche preventivo dos centros educativos.

 

Aulas galegas é un portal educativo realizado por un colectivo de profesoras e profesores sen ánimo de lucro que ante a situación de illamento provocada polo coronavirus Covid-19 quere ofrecer unha axuda educativa á sociedade. 

 

 Dende o Programa Si!, que seguimos no centro, podedes acceder a recursos e actividades dende infantil ata 6º de primaria. Recordade, xa postos na páxina, premedes en INTRANET e alí poñedes como usuario: FAM32015190 e como contrasinal: FAM32015190XH

 

Recursos didácticos de matemáticas para escolas e familias ordenados por cursos son ofrecidos polo proveedor de recursos especializados Innovamat. 

 

AulaPlaneta ofrece acceso libre aos seus recursos e materiais ao profesorado de 5º e 6º de primaria e a todo o profesorado de ESO. 

 

 A editorial Vicens Vives dá acceso aos seus libros dixitais e recursos de forma libre.

 

 A páxina web Yoaprendoencasa, da editorial SM, ofrece un montón de recursos, fichas e iniciativas para aprender dende a casa.

 

 Coa web La escuela en casa, a editorial Santillana presentanos unha serie de recursos abertos para o profesorado e as familias. 

 

A editorial Anaya tamén pon a disposición das familias a web LA WEB DEL ALUMNADO Y LA FAMILIA con acceso aos libros dixitais e recursos de todas as  materias. 

  

A editorial Oxford dá acceso libre a Online Learning Zone - Primary, para recursos en inglés.

 

 En casa con MacMillan, da editorial MacMillan, outra web con recursos en inglés para todos os niveis.

 

O Ministerio de Cultura y Deporte  pon a disposición de todos o programa LaCulturaEnTuCasa con visitas virtuais  a cines, teatros, exposicións, música, bibliotecas, audiolibros...

 

 

Este estupendo blog de Julián Marquina ofrecenos unha serie de recopilacións moi interesantes e sempre actualizadas, aquí tedes algunha delas:

- 22 editoriais ofrecen os seus libros electrónicos de balde para levar a corentena

- Audiolibros infantís de balde

- 11 actividades culturais de  balde sen saír da casa 

 

 Na web REGALO AL PROFE contamos tamén cunha recompilación  de propostas e recursos moi interesantes para estes días de quedar na casa (visitas virtuais a museos, apps para descargar, actividades...)  

A editorial Kalandraka comparte con nós a estupenda iniciativa CONTOS CONTADOS, premede na imaxe para acceder á sección da súa canle, na que, diariamente, irán aparecendo algún dos contos editados por esta editorial. 

A Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia tamén dá acceso a todo o seu catálogo de libros electrónicos de forma moi sinxela aínda que non sexas socioentra na web GALICIA LE.

  

 

        

A editorial Baía Edicións, a través da web BAÍA CON NÓS NA CASA, tamén ofrece a posibilidade de descargar libremente moitos dos seus libros de contos para nenos e nenas dende 4 ata 12 anos. 

 

 

 

 

TODO IRÁ BEN

Ola familias!! O equipo de orientación do noso centro proponvos unha actividade para realizar cos nenos e nenas durante estes días tan complicados. Esta iniciativa, que comezou en Italia, podedes realizala moi facilmente. 

Trátase de debuxar un arco da vella e acompañalo da frase TODO IRÁ BEN. É unha forma de animarnos todos e de non esquecer que despois da tormenta sempre vén a CALMA e a TRANQUILIDADE e que debemos ser OPTIMISTAS.

 

Estes debuxos son para colgar nas fiestras, pero antes de colgalos, podedes mandar ao correo do colexio: ceip.albino.nunez@edu.xunta.gal ou ao correo de orientación: orientacionalbino@gmail.com , unha foto co cartel, ou aínda mellor, unha foto dos nenos e/ou de toda a familia co cartel. 

Colgaremos na páxina web todas as fotos para que todos podamos velas. Animádevos e mandade as vosas fotos!!

 

 

 

 

 

        

COMO MOTIVAR AOS ALUMNOS NA AULA

Interesante eBook  sobre 7 formas probadas como motivar aos alumnos na escola.

GUÍA DOCENTES PARA A ATENCIÓN DO ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS

 

 

 Picando na imaxe atoparedes unha guía moi útil  para traballar co alumnado con necesidades educativas

 

PLAN DEPARTAMENTO ORIENTACIÓN

O Plan de Orientación é o documento básico de traballo do Departamento. Defínese como un instrumento pedagóxico-didáctico que articula a medio e longo prazo todas as actuacións levadas a cabo polo Departamento relacionadas  cos obxectivos da orientación que, de maneira coordinada, se propoñen para os distintos ciclos. Na súa elaboración tómase como referencia a lexislación vixente, a contextualización  do centro e as propostas da Comisión de Coordinación Pedagóxica.

Se queredes coñecer o Plan de actuación do noso centro premede na imaxe.

 

FUNCIÓNS DO ORIENTADOR NOS CENTROS EDUCATIVOS

Nesta entrada  presento a información que, desde o meu punto de vista, é clave para que se coñeza a figura da orientadora deste centro.

Se queredes coñecer cales son as súas funcións premede na seguinte imaxe.

Powered by Drupal - Design by artinet