A BIBLIOTECA DE LIBRÍN

ATENDENDO ÁS SUXESTIÓNS DE ALUMNADO E PROFESORADO

Xa tedes na biblioteca as vosas suxestións de compra.

Gozade coa lectura!

MARZO: MES DA POESÍA

Quedan no expositor as nosas recomendacións lectoras para descubrir a poesía.

O ENTROIDO NO COLEXIO

O pasado 9 de febreiro celebramos o ENTROIDO no cole, cun desfile, no que para seguir o fío do noso proxecto de centro, viaxamos polo mundo. Isto axudounos a aprender un pouco máis da cultura de cada un dos lugares sobre os que estamos traballando nas aulas.

 

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS NA BIBLIOTECA

Abrimos as portas da nosa biblioteca para que as familias vos acheguedes a coñecela e facervos usuarios se así o desexades.

CONCURSO MASCOTA DA BIBLIOTECA

Cos cambios de distribución e organización da Biblioteca, queremos tamén renovar a nosa mascota. Pedimos a colaboración do alumnado para que nos axude a atopar unha mascota nova.

Powered by Drupal - Design by artinet