Atención á diversidade

TEAprendo! COÑECENDO O AUTISMO

 

TEAprendo! DÍA 2 DE ABRIL! DÍA DE CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO!

Unha forma única e marabillosa de ver o mundo!

Para coñecer un pouco máis sobre o Trastorno do Espectro do Autismo compartimos con todos vós os seguintes vídeos:

Na páxina web de ARASAAC, comparten este material ao que podedes acceder premendo na imaxe, coa finalidade de axudarnos a comprender o TEA, que axudas necesitan as persoas con autismo, como poñernos no seu lugar, como podemos axudarlles na súa vida diaria...

2 DE ABRIL, DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO!

 

O próximo 2 de abril celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. A Asemblea Xeral das Nacións Unidas instaurou en 2007 este día para pór de relevo a necesidade de contribuír á mellora da calidade de vida das persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA), para que poidan levar unha vida plena e gratificante como parte integrante da sociedade.

 

Neste sentido, a Federación Autismo Galicia súmase a todo o movemento asociativo do autismo en España, en coordinación con Autismo Europa, e á campaña de concienciación que pon o foco en dúas áreas fundamentais para a inclusión e mellora da calidade de vida do colectivo TEA: a educación e o emprego.

Por iso é polo que se elixiu como lema "Podo aprender. Podo traballar" e, como imaxe da campaña, varias mans sostendo diferentes ferramentas e utensilios, que representan as habilidades e capacidades de cada persoa. Ademais, a imaxe preséntase en cinco cores diferentes, reflectindo así a diversidade existente dentro do espectro do autismo.

Atendendo a esta lema, os principais obxectivos da campaña do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 2020 son:

1. Aumentar a concienciación sobre o autismo na sociedade e promover unha mellor comprensión do trastorno para incluír e apoiar ás persoas con TEA.

2. Mellorar o acceso á educación e o emprego para o colectivo.

3. Conseguir o compromiso dos representantes políticos para facer efectivos os dereitos das persoas con TEA nestes dous ámbitos principais.

Como vén sendo habitual, toda a información sobre o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 2020 está dispoñible na web www.diamundialautismo.com

Fuente: Autismo Galicia

NAS IMAXES PODEDES VER AS INICIATIVAS PROPOSTAS!

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

VIDEOS PARA TRABALLAR A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE CO ALUMNADO

Traballando co  alumnado a diversidade conseguiremos que coñezan e  valoren as diferenzas, fomentando,  ao mesmo tempo, a aceptación e a comprensión. Estes vídeos  axudan  a que se sensibilicen co tema.

ALUMNOS ACNEAE

Os  ACNEAE (Alumnos Con Necesidades Específicas de  Apoio Educativo) por condicións  personais ou historia escolar é  unha das categorías que se establecen na LOMCE, concretamente no punto cincuenta e sete, apartado 2, que modifica o artígo 71 da LOE. Sen embargo, esta categoría non está definida na LOMCE e na maioría das comunidades autónomas de España non se  regulou.  Cando o alumnado se pode considerar  ACNEAE por condicións personais? Se picades na imaxe atoparedes algunhas orientacións para aclarar esta cuestión.

TRASTORNOS XERALIZADOS DO DESENVOLVEMENTO

Se picades na imaxe atoparedes un traballo no que, dunha forma sinxela, acércanos ao trastorno autista, ao síndrome de Asperger, ao síndrome de Rett, ao trastorno desintegrativo infantil e ao trastorno xeralizado do desenvolvemento non especificado. Tamén se ofrecen pautas para atender ás necesidades educativas destes alumnos

 

AUTISMO E SINDROME DE ASPERGER

Infografía na que, dunha forma desenfadada, comparamos  os                             Se picades na imaxe teredes máis información sobre

os dous perfís:                                                                                                  o síndrome de Asperger:

                        

O DESDOBRE E OS AGRUPAMENTOS FLEXIBLES

O desdobre e o agrupamento flexible  son dúas medidas de atención á  diversidade, dúas formas de organizar e rentabilizar o reforzo

educativo ordinario.

Para saber máis sobre este tema preme na imaxe

ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

Enténdese por alumnado específico de apoio educativo aquel que requira, de forma  temporal ou permanente, apoios ou provisións educativas diferentes ás ordinarias por presentar necesidades educativas especiais, por dificultades específicas de aprendizaxe, por altas capacidades intelectuais, por incorporarse tardíamente ao sistema educativo ou por condicións persoais ou de historia escolar.

Picando na imaxe atoparedes información sobre o alumnado específico de apoio educativo.

 

 

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

A atención á diversidade pode considerarse como o conxunto de meddas e accións que teñen como finalidade adecuar a resposta educativa  ás diferentes características e necesidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións, intereses e situacións sociais e culturais de todo o alumnado.

Se picades na seguinte imaxe coñeceredes o Decreto que regula a Atención á diversidade do alumnado na Comunidade Autónoma de Galicia.

Powered by Drupal - Design by artinet