Curso 2016-17

AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE 3º DE PRIMARIA

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, establece no seu artigo 20.3 que os centros docentes realizarán unha avaliación individualizada a todos os alumnos e alumnas ao finalizar o terceiro curso de educación primaria. Esta avaliación ten como finalidade comprobar o grao de dominio das destrezas, capacidades e habilidades do alumnado en expresión e comprensión oral e escrita, cálculo e resolución de problemas en relación coa adquisición da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática.

As avaliacións individualizadas de terceiro curso de educación primaria  teñen carácter informativo e orientador para os alumnos e alumnas e familias, equipos docentes, centros e Administración educativa. Complementan a información que reciben e orientan a toma de decisións na elaboración de plans de mellora.

O pasado xoves, 26 de abril, saiu publicado no Diario Oficial de Galicia a Resolución pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria.

Achégase enlace:

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2017/8. 

Segundo as citadas instrucións as probas realizaranse os vindeiros 23 e 24 de maio.

 

 

LIBROS DE TEXTO 2017-18

Premendo na seguinte imaxe xa podedes acceder á lista de libros de texto e material curricular do vindeiro curso 2017/2018.

 

Recordamos ás familias do alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria que solicitaron a participación no fondo solidario, que deberán esperar ata a publicación das listas provisionais e definitivas de admitidos (04 de xullo listas provisionais e 07 de xullo listas definitivas) para coñecer os libros que lles corresponden e logo mercar soamente os libros que non reciben. 

LETRAS GALEGAS 2017

O pasado 19 de maio rematamos a semana adicada as LETRAS GALEGAS cun pequeno festival onde os nenos e nenas de todos os cursos demostraron as súas habilidades como cantantes, actores, bailaríns, rapeiros... . Foi a culminación do traballo desenvolvido nas aulas, ao longo de varias semanas, onde se traballaron as propostas do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e do Equipo da Biblioteca Escolar. Este ano tivo unha especial relevancia a figura do autor homenaxeado este 2017: CARLOS CASARES MOURIÑO, escritor ourensá, que non se esqueceu dos máis pequenos e escribiu varias obras para eles, entre elas AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TÓDALAS LARANXAS, obra teatral que escenificaron con monicreques de papel un grupo de alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria. 

 

L

E

T

R

A

S

 

G

A

L

E

G

A

S

 

2

0

1

7  

 

Premede na imaxe para acceder ao blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega para ter máis información e ver a galería de fotos

MAIOS 2017

Por iniciativa da ANPA, este ano participamos na tradicional festa dos MAIOS que se celebrou na cidade de Ourense o pasado domingo, 7 de maio.

Nais e pais da asociación realizaron un primeiro maio na categoría de "maio artístico": "A BARQUIÑA". Na categoría de "maio tradicional" realizaron outro no que colaboraron os nenos e nenas da ECOPATRULLA: "O PIRULIÑO DAS ECOMAÑÁS". 

Ademais o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria realizou nas aulas as tradicionais coplas que acompañan os maios e que fan referencia aos acontecementos do ano.  

 

Ao longo da xornada, nenos e nenas do cole acompañados polas súas familias acudiron a ver os maios do cole e colaboraron no canto das coplas:

 

Na edición impresa do xornal LA REGIÓN do luns 8 de maio, nunha reportaxe sobre a celebración dos maios, como non, aparecen as fotografías dos dous maios.

 

Tamén no blog do proxecto de VOZ NATURA deste curso "Reciclamos lixo co mellor sorriso" podedes ver máis imaxes e información sobre esta actividade.Premede no seguinte enlace: 

 - FIXEMOS OS NOSOS MAIOS 

SEMANA DA SAÚDE 2017

Xa temos aquí as actividades realizadas ao longo da SEMANA DA SAÚDE (do 3 ao 7 de abril de 2017), enmarcada dentro do PROGRAMA SI! (Saúde Integral). Comezamos o primeiro día coa visita de CARDIO que nos animou coma sempre a seguir un estilo de vida saudable. Despois realizáronse múltiples actividades co obxectivo común de mellorar os nosos hábitos de vida.

Os alumnos e alumnas de educación infantil realizaron un obradoiro por curso, en cambio os nenos e nenas de 1º, 2º, 3º e 4º, ao longo da semana, realizaron dous obradoiros cada curso.

As actividades da semana continuaron ademais coas seguintes: visita por parte dos pequenos de 6º de infantil ás instalacións de FRUNATUR, o 27 de abril. E o 4 de maio, houbo dúas sesións de contacontos: unha para o alumnado de infantil e outra para o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º, finalizando así dunha maneira divertida e ao mesmo tempo, moi saudable, todas estas celebracións.

Na seguinte presentación deixámosvos unha mostra de cada unha delas, premede en cada imaxe para acceder ao seu contido. 

 

 
 
    
     

 (Premede nas imaxes para saber máis de cada unha delas)

SAÍMOS NO XORNAL E NA TELE!!

Un ano máis fomos protagonistas do programa XORNAL ESCOLAR emitido pola cadea de televisión local TELEMIÑO. Coma en anos anteriores, parte do programa gravouse no centro e outra parte nos estudos de TELEMIÑO. A parte gravada no colexio xirou en torno as actividades que realizan os alumnos e alumnas da ECOPATRULLA, actividades que se realizan despois da hora de xantar. Aos estudos de TELEMIÑO acudiron os nenos e nenas de 5º e 6º de educación infantil que actuaron como público. Jeray (de 5 anos) e Ana e Martín (de 4 anos) exerceron como presentadores ao lado de Conchi (a presentadora oficial do programa) e a profesora Mª Teresa Sotelo foi esta vez a concursante. O programa emitiuse o pasado 08 de abril, podedes visualizalo premendo nas seguintes imaxes:

PRIMEIRA PARTE 

SEGUNDA PARTE

Como complemento á emisión do programa, o xornal LA REGIÓN emitiu tamén na súa sección chamada XORNAL ESCOLAR, unha ampla reportaxe sobre o noso centro e sobre a gravación do programa.

 

Tamén na edición dixital de LA REGIÓN saiu a reportaxe sobre o noso cole:

(Premede nas imaxes para acceder á publicación dixital)


No blog do programa de VOZ NATURA "Reciclamos lixo co mellor sorriso", podedes ver tamén un resumo das actividades que realizan os equipos de ECOPATRULLA, que comezaron este curso a funcionar e tanto éxito levan acadado:

- ACTIVIDADES ECOPATRULLA 

SEMANA DA ÁRBORE E DA AUGA 2017

Ademais de celebrar o DÍA MUNDIAL DA METEREOLOXÍA (23 de marzo), na semana do 20 ao 24 de marzo realizamos ademais outras actividades relacionadas co DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES (21 de marzo) e o DÍA MUNDIAL DA AUGA (22 de marzo)

Entre elas destacamos a visita de Anxo Moure ao noso centro que realizou varias sesións de contacontos para todo o alumnado do centro. 

Premede nas imaxes para obter máis información sobre esta actividade no blog da biblioteca escolar:

 

A segunda actividade que destacamos foi a plantación de árbores, concretamente castiñeiros, en diversas zonas do patio do colexio. Os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria plantaron cinco castiñeiros aos que apadriñaron, encargándose a partir de agora do seu coidado e de observar como van medrando.  

 Alumnos de 5º A e 5º B con OURICÍN           Alumnos de 6º con SEXTIÑEIRO

  Os nenos de 3º A con CASTI                       Nenos e nenas de 3º B con OURIZ

Alumnos e alumnas de 4º con ROZABALES 

 

VISITA DO SEPRONA 2017

Un ano máis recibimos a visita de membros do SEPRONA (Servizo de Protección da Natureza), especialidade da Guardia Civil que se encargar da protección do medio natural e dos seus recursos. Esta visita, enmarcada dentro do programa de VOZ NATURA que se leva a cabo no centro, ten como obxectivo concienciar aos nenos e nenas da importancia de coidar a natureza.

Foi destinada aos alumnos e alumnas de educación infantil e primeiro de primaria. Nesta ocasión a actividade foi principalmente lúdica, dous membros encargados deste servizo explicáronlles brevemente en que consistía o seu traballo. Logo os nenos e nenas probaron as motos, coches, e aparellos que empregan os axentes no seu labor diario.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Premendo no seguinte enlace teredes máis información e fotos sobre a actividade que resultou motivadora e divertida para os alumnos e alumnas:

BLOG VOZ NATURA 

ENTROIDO 2017

 Pero que pasou este ano no entroido?? 

Parece que todos os meteoros se conxuraron para aparecer xuntos... e desfilaron...

Con coroas douradas, soles radiantes ... relucían como brillantes!!

Albiscábanse nubes polo horizonte... unhas tapando o sol, outras o monte!!

Foron chegando as pingas saltarinas ...  xa se escoitaba a choiva "cantarina"!!

Máis o raio e o trono feroz ... quixeron deixar ouvir a súa potente voz!!

O arco da vella apareceu sorprendido ... a poñer paz con tanta colorido!!

Non faltaron as folerpas abrancazadas... co frío quixeron vir abrazadas!!

E chegou revolto o vento norte... que só resistiu o máis forte!!

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet