Curso 2014-15

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2015/2016

No seguinte enlace podedes consultar a lista definitiva de solicitudes admitidas dos alumnos/as de 3º e 5º de Educación Primaria que solicitaron libros de texto do fondo solidario para o vindeiro curso 2015/2016

LISTA DEFINITIVA DE ALUMNADO      3º e 5º PRIMARIA 

 

Entrega de libros: do 04 ao 09 de setembro de 2015

 

 

 

ÚLTIMO DÍA DO CURSO 2014-15

O venres 19, último día lectivo deste curso escolar, rematamos cunha gran festa organizada pola ANPA do centro no patio do colexio. Nin que dicir que os rapaces/zas pasárono xenial, non podía ser menos: inchables, xogos de auga, touro mecánico, visita de Bob Esponxa... e ao remate a esperada FESTA DA ESCUMA, que xa se está convertendo nun "clásico" a final de curso... ata as colaboradores/as do comedor escolar e cociñeiras se animaron a participar... Como veredes na seguinte presentación de fotos a xornada foi todo un éxito!!!

 

E despois no comedor escolar tivemos un momento moi especial... a despedida de Julia, unha das nosas cociñeiras, chegoulle a hora da súa xubilación e dun merecido descanso despois de 35 anos traballando no comedor do centro. Dende aquí queremos agradecerlle toda a súa adicación e o esforzo realizado ao longo de tantos anos e desexámoslle o mellor nesta nova etapa da súa vida que agora vai comezar.

 

A

T

A

 

 

S

E

M

P

R

E

 

 

 

J

U

L

I

A!

REVISTA ESCOLAR

Aquí temos xa, recén saída do "forno"  o novo número da nosa revista escolar

O FORMIGUEIRO,

botádelle unha ollada e veredes algunhas das actividades, saídas, celebracións e traballos que realizamos ao longo do curso que agora remata.

FESTA VOZ NATURA 2015

O sábado, 6 de outubro, acudimos ao parque ACEA de AMA en Culleredo (A Coruña) para participar na gran festa de fin de curso do programa VOZ NATURA. Como era a primeira vez que íamos á citada festa, estabamos un pouco nervosos, pero dispostos a participar na maioría das actividades e visitar a exposición dos traballos realizados por todos os centros participantes.   

A chegada ao parque: pais/nais, nenos/as, irmás/irmáns, profes... preparados para pasar un día xenial!!!

 

 Participando nas diversas actividades e repoñendo forzas para continuar...

Visitamos a exposición dos traballos realizados polos distintos centros participantes... pareceunos fantástico o traballo realizado por todos eles. 

Alí tamén estaba a nosa exposición cun resumo en carteis e murais do traballo feito:

 

E por fin chegou o momento máis esperado, a entrega do premio concedido ao noso centro: mellor blog da comunidade VOZ NATURA do curso 2014-15.

 

Grazas a VOZ NATURA polo premio concedido e parabéns tamén aos demais premiados e en xeral, a todos os participantes do programa polo gran labor que realizan cada ano!!!. 

FESTA FIN DE CURSO 2014-15 EN MANZANEDA

 

Os alumnos/as de 6º curso de Educación Primaria participaron o martes, 19 de maio, na estación de montaña de Cabeza de Manzaneda na gran festa de final de curso organizada polo xornal La Región. Foi unha xornada lúdico-festiva onde conviviron con rapaces e rapazas doutros colexios da provincia de Ourense. Alí realizaron ao longo de todo o día diferentes actividades multiaventura (subida en telesilla, spa, béisbol, jumping, fútbol, vivacs...), e remataron cunha festa musical con karaoke e un sorteo de agasallos.

A pesares do frío que fixo ese día na estación os alumnos/as de 6º pasárono fenomenal, aquí tedes as opinións de Telma e a do profe Xosé, que os acompañou, na reseña que publicou o xornal organizador:

 

XORNAL ESCOLAR

Xa temos aquí os vídeos do programa XORNAL ESCOLAR que se emitiu o pasado 13 de maio en TELEMIÑO e que protagonizou o noso colexio. Botade unha ollada e veredes o guapos e simpáticos que saímos todos!!

 

                  XORNAL ESCOLAR - 1ª PARTE                                      XORNAL ESCOLAR - 2ª PARTE 

 

PARQUE INFANTIL DE TRÁFICO

O mércores 20 de maio os alumnos/as de 4º de Educación Primaria visitaron o recinto de Expourense para participar na actividade "Parque Infantil de Tráfico", actividade promovida polo Concello de Ourense en colaboración coa Policía Local, Protección Civil e a Xefatura Provincial de Tráfico. A citada actividade ten como finalidade proporcionar formación viaria e fomentar nos nenos/as hábitos seguros e actitudes de tolerancia, respecto e solidariedade fronte ás diversas situacións de tráfico que se lles presentan na súa vida diaria.

Primeiramente asistiron na aula de educación viaria a unhas charlas teóricas sobre seguridade vial, logo tiveron unha serie de prácticas nun circuíto deseñado para tal fin: como comportarse como peóns, prácticas con bicicletas e karts eléctricos... cumprindo en cada momento as normas de circulación  e respectando os sinais de tráfico...

Resultou unha actividade moi completa e motivadora para os nenos/as, sobre todo como conductores de karts..., menudos pilotos de "Fórmula 1"!!!. 

TREN TERMAL

Unha das actividade complementarias  do Programa SI! é a viaxe no tren turístico que percorre a ruta das termas, dende a Praza Maior de Ourense ata as pozas de Outariz, pasando pola zona termal da Chavasqueira, Muíño da Veiga... O luns 18 de maio realizaron esta viaxe  os pequenos/as de 4º de Educación Infantil e o martes 19,  os de 5º e 6º, tamén de infantil. O principal obxectivo desta actividade é o de concienciar aos nenos/as no respecto e coidado da natureza, ademais do goce que supón para eles o disfrutar dunha xornada ao aire libre nun entorno natural.

 

 (Máis información no blog do horto escolar. Premede nas imaxes para acceder a el)

ESTAMOS DE NORABOA

 

ESTAMOS DE NORABOA!!! O noso colexio acaba de recibir o premio  ao MELLOR BLOG DE VOZ NATURA DO CURSO 2014/ 2015.

"DO HORTO AO PRATO. O XARDÍN DOS SENTIDOS" é o título do noso blog onde se reflicten todas as actividades do horto escolar e do proxecto VOZ NATURA, ao que nos unimos por primeira vez este curso. Damos as grazas ao xurado e ao equipo de VOZ NATURA polo premio concedido e tamén felicitamos aos blogs finalistas e en xeral, a todos os blogs da gran comunidade que forma o programa VOZ NATURA.

 

 

(Fai clic na imaxe para acceder á nova na edición dixital de La Voz de Galicia)

LETRAS GALEGAS 2015

Con motivo da celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS, este venres, 15 de maio, tivemos un pequeno festival de recitado de poesías e cantigas para culminar así esta semana de adicación a lingua galega e, en especial, ao autor homenaxeado este ano XOSÉ FERNANDO FILGUEIRA VALVERDE. Nas aulas traballáronse as actividades propostas polo Equipo de dinamización da lingua galega e polo Equipo de dinamización da biblioteca escolar e quixemos rematar con esta celebración festiva conxunta. 

L

E

T

R

A

S

 

G

A

L

E

G

A

S

 

2

0

1

5

                                 (Para saber máis premede nas imaxes para ir ao blog do Euipo de dinamización da lingua galega)

Powered by Drupal - Design by artinet