OFERTA ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES PARA O CURSO ESCOLAR 2022/2023 .....ANPA CEIP ALBINO NÚÑEZ
Nunha anterior entrada, informabamos que se realizarían unha serie de actividades, na semana do 10 ao 13 de maio, organizadas pola ANPA do centro e enmarcadas dentro do plan promovido pola Consellería de Emprego e Igualdade para o fomento de actuacións relacionadas coa promoción da igualdade e da prevención da violencia de xénero.
Como xa indicaramos, había dous tipos de actividades:
1- Sesións de contacontos e xogos para infantil, 1º, 2º e 3º de primaria.
2- Obradoiros de ciencia a través dos traballos e inventos de mulleres científicas, para o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria.
Na seguinte presentación tedes máis información e imaxes das distintas actividades:
(premede no símbolo para pasar as distintas páxinas cara abaixo e no botón para ver as presentacións de fotos)
Ao longo da vindeira semana, do 10 ao 13 de maio, terán lugar no centro unha serie de actividades organizadas pola ANPA do noso centro e enmarcadas dentro do plan promovido pola Consellería de Emprego e Igualdade para o fomento de actuacións relacionadas coa promoción da igualdade e da prevención da violencia de xénero.
Xa vos iremos informando de como se van desenvolvendo, este é o programa das mesmas:
Xa está aberto o prazo para inscribirse nas actividades extraescolares de despois de xantar do presente curso. Coma en anos anteriores, a maioría das actividade son promovidas pola ANPA do centro.
Ás xa habituais actividades de inglés, pintura, fútbol, patinaxe, baile moderno, xadrez, percusión e gaita... únense este ano ás de arte creativo, baloncesto e ioga/contacontos.
Como novidade máis salientable destacar dúas actividades dirixidas a toda a familia e que se realizarán de 16:30 a 17:30: ioga en familia e danza en familia; esperamos que sexan do voso interese.
Premendo na seguinte imaxe podedes visualizar e descargar o cadro das actividades e a ficha de inscrición nas mesmas:
Xa está aberto o prazo para anotarse nas actividades extraescolares do presente curso 2017/18. A maioría das actividades son organizadas pola ANPA do centro. Coma todos os anos realizaranse (agás a actividade de natación) despois da hora de xantar e estarán atendidas polos monitores que imparten as actividades e polos pais/nais que atenden o servizo de comedor escolar. Ás actividades xa impartidas en cursos anteriores (inglés, informática, baile moderno, fútbol sala, ludoteca, biblioteca, xadrez, informática, ecopatrulla, horto...) destacamos a incorporación de novas actividades como son "Ioga e contacontos" e "Ximnasia Rítmica".
Premendo na seguinte imaxe podedes visualizar e descargar o cadro de actividades e a ficha de inscrición nas mesmas.
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 | 31 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |