EDLG: Novas

21 de Febreiro: Día Internacional da Lingua Materna

A idea de celebrar o Día Internacional da Lingua Materna foi unha iniciativa de Bangladesh. Foi aprobado na Conferencia Xeral da UNESCO de 1999 e observouse en todo o mundo desde o ano 2000.

A UNESCO cre na importancia da diversidade cultural e lingüística para as sociedades sostibles. No marco do seu mandato en prol da paz, traballa para preservar as diferenzas de culturas e idiomas que fomentan a tolerancia e o respecto dos demais.

A diversidade lingüística atópase cada vez máis ameazada cun maior número de linguas que desaparecen.

Cada dúas semanas, como media, unha lingua desaparece, levándose coa súa desaparición todo un patrimonio cultural e intelectual. Con todo, grazas á comprensión da importancia que teñen as linguas maternas, alcanzáronse logros en materia de educación plurilingüe baseada nestas, en particular desde os primeiros estudos e o compromiso cada vez maior de que evolucionen na esfera pública.

As sociedades multilingües e multiculturais existen a través das súas linguas, que transmiten e preservan os coñecementos e as culturas tradicionais de maneira sostible.

 

 

"Vive a Lingua": Grandes xogos teatralizados sobre cultura e lingua galega

 

O programa "Vive a Lingua" consiste nunha serie de actividades gratuítas, dirixidas ao público infantil e xuvenil, que buscan a dinamización e posta en valor da cultura e a lingua galega.

Estas actividades consisten en grandes xogos teatralizados, nos que a rapazada terá que seguir pistas, facer distintas probas e resolver enigmas, acompañada de distintas personaxes da tradición e da literatura galega.

Sábado, 27 de novembro en Pereiro de Aguiar

Premede na ligazón para obter máis información:

http://aventeira.com/vive-a-lingua/

 

Os Bolechas fan o Camiño Marciano

        

 

Os Bolechas fan o Camiño Marciano é un espectáculo teatral para nenos e nenas de 4 a 9 anos e as súas familias. Nel, o xogo e a diversión combinan coa aprendizaxe da man dos coñecidos personaxes de Pepe Carreiro. 

Loli, Chispa, Tatá, Braulio, Sonia, Pili e Carlos queren facer de novo o Camiño de Santiago, pero xa percorreron todas as rutas xacobeas. Deben repetir algunha? Ou poden, quizais, crear unha nova?

Este domingo, 28 de novembro ás 12:00 horas, estarán no Salón Nobre do Liceo de Ourense.

Non volo podedes perder!

Powered by Drupal - Design by artinet