Convivencia

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN EN SITUACIÓNS DE BULLING

Picando na imaxe atoparedes un protocolo de actuación en situacións de bullying 

CONVIVENCIA ESCOLAR

No marco do PLAN ESTRATÉXICO DE CONVIVENCIA ESCOLAR 2015-2020, aprobado polo Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia, prevese a elaboración dun instrumento de diagnose inicial que permita identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos nos centros educativos. Neste senso, a primeira acción prioritaria planificada é a elaboración de documentos  de recollida de datos dos distintos sectores da comunidade educativa (dirección, profesorado, alumnado, familias e persoal non docente). Esta masiva recollida de datos ten por obxecto facilitar a elaboración do plan de convivencia do centro. Tamén está encamiñado a establecer o clima escolar da nosa comunidade educativa e guiar as accións de mellora do mesmo.

Esta recollida de datos farase mediante unha ferramente informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo, a través da aplicación convivenciaxestion. 

Os alumnos/as levaron para as súas casas unha nota informativa onde se lles explicaba a todas as familias o arriba exposto e se lles facilitaba un código de acceso á recollida de datos sobre convivencia escolar. Como se lles indicaba na citada nota a súa opinión é moi importante e valiosa para mellorar a convivencia escolar polo que lle solicitamos unha vez máis que preste atención e responda con responsabilidade. Se teñen algunha dúbida non dubiden en contactar coa dirección do centro.

Enlace ao cuestionario para as familias:

https://edu.xunta.es/convfamil

DECRETO CONVIVENCIA ESCOLAR

DECRETO 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar. 

Se queredes coñecelo picade na imaxe.

 

 

PLAN DE CONVIVENCIA ESCOLAR

 

O Plan de Convivencia é un documento que serve para concretar a organización e o funcionamento do Centro en relación coa convivencia e establecer as liñas xerais do modelo de convivencia, os obxectivos específicos que queremos acadar, as normas que a regularán e as actuacións que realizaremos neste ámbito para a consecución dos obxectivos establecidos. É un proxecto de reflexión e de pensamento no que se marcan as liñas de actuación para a mellora da convivencia no Centro. 

Para oñecer o Plan de Convivencia do Centro premede na imaxe

Powered by Drupal - Design by artinet