NOTIFICACIÓN ÁS FAMILIAS COMUNICACIÓN SOBRE POSTA EN CORENTENA DE ALUMNADO DO CENTRO |
NOTIFICACIÓN ÁS FAMILIAS COMUNICACIÓN SOBRE POSTA EN CORENTENA DE ALUMNADO DO CENTRO |
ENTREGA DE VALES:
Dende o día 7 de xullo e ata o 17 de xullo podedes pasar polo colexio para recoller os vales de axuda para a compra de libros dos alumnos e alumnas de 1º e 2º de Educación Primaria.
Tamén, nas mesmas datas, podedes recoller os vales para a axuda de compra de material de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
O horario de recollida será de 9:30 a 13:30 horas.
AVISO:
PUBLICACIÓN DAS LISTAS PROVISIONAIS- o vindeiro martes, 7 de xullo, serán publicadas as listas provisionais de reparto de libros do FONDOSOLIDARIO para 3º, 4º e 6º de Educación Primaria.
PRAZO DE RECLAMACIÓN - os días 8 e 9 de xullo pódense facer as reclamacións que se consideren oportunas.
PUBLICACIÓN DAS LISTAS DEFINITIVAS - o venres, 10 de xullo, daranse a coñecer as listas definitivas, coa asignación concreta dos libros que lle corresponden a cada neno/a.
O Concello de Ourense infórmanos que se abre un novo prazo para inscribirse nas actividades CONCILIA VERÁN 2020 que se levarán a cabo no noso centro.
Pódese solicitar nova inscrición para as seguintes quincenas:
- 2ª quincena do mes de xullo
- 1ª quincena do mes de agosto
- 2ª quincena do mes de agosto
Recordade que se poden solicitar, 1, 2 ou as 3 quincenas. A inscrición neste segundo prazo realizarase dende o sábado 27 de xuño e ata o luns 29 de xuño, a través do formulario web:
No seguinte enlace recordamos toda a información:
Recordamos: a gratificación por colaborar é de 9,39 € por día de asistencia, pagados unha vez vencido cada trimestre, e tamén o xantar de cada día de realización do servizo.
Para poder colaborar é requisito obrigatorio presentar unha certificación negativa do Rexistro Central de delincuentes sexuais (Lei 26/2015, de 28 de xullo, de Modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia).
No Boletín Oficial da Provincia de Ourense do día 19 de xuño de 2020 saiu publicada o extracto da convocatoria para a concesión de Axudas para a adquisición de libros de texto, material escolar e para comedores escolares para o curso 2020/2021.
Convocatoria realizada polo Concello de Ourense e destinada a unidades de convivencia en desvantaxe social e con menor poder adquisitivo do Concello de Ourense, que teñan nenos e nenas ao seu cargo escolarizados en centros públicos ou concertados de educación infantil, educación primaria e educación secundaria obrigatoria do Concello de Ourense, nos que non se segregue aos alumnos/-as por sexo.
O prazo de presentación das solicitudes abrangue dende o 22 de xuño ata o 13 de xullo, ambos incluídos.
Os requisitos destas axudas ríxense polas bases reguladoras fixadas no Boletín Oficial publicado o 25 de maio de 2019.
Nos seguintes enlaces podedes acceder a toda a información:
-![]() |
-![]() |
![]() |
Na páxina web do Concello, na área de Asuntos Sociais, tedes máis información:
- ÁREA ASUNTOS SOCIAIS (CONCELLO DE OURENSE)
As solicitudes poden presentarse electronicamente:
- SEDE ELECTRÓNICA DO CONCELLO DE OURENSE
Ou de forma presencial nos seguintes lugares:
- Rexistro xeral do Concello de Ourense na Praza Maior
- Oficina Municipal da Ponte (Praza de Abastos da Ponte)
Recordade que as axudas do Concello de Ourense para libros de texto e material escolar son para o alumnado de educación infantil.
Premede na imaxe para acceder ao listado de libros de texto para o curso 2020-21:
Recordamos ás familias do alumnado de 3º, 4º e 6º de primaria que solicitaron a súa participación no fondo solidario de libros de texto, que deberán esperar á publicación da lista provisional e logo definitiva para saber os libros que lle corresponden a cada neno/a.
CUALIFICACIÓNS FINAIS - estas serán publicadas mañá, día 19 de xuño, a partir das 15:00 h. por medio da aplicación Abalar Móbil, onde podedes consultalas. No caso daquelas familias que non teñen instalada a aplicación Abalar Móbil e non poidan consultar ditas cualificacións, os titores poranse en contacto con estas familias para facilitarllas de forma impresa.
O profesorado estará a vosa disposición por se queredes facer algunha consulta ou necesitades algunha aclaracíón.
ENTREGA DE LIBROS DE TEXTO DO FONDO SOLIDARIO- dende o día 22 e ata o 26 de xuño teredes que entregar no centro os libros de texto dos alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º que foron beneficiarios do fondo solidario no curso 2019-2020.
O horario de entrega será de 9:30 a 13:30 h.
Recordamos que a non devolución dos libros do fondo levará consigo a exclusión no reparto do citado fondo para o vindeiro curso 2020-21.
O vindeiro curso escolar 2020-21, segundo a Resolución publicada o 15 de xuño da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, o noso centro pasará a formar parte do proxecto E-Dixgal (EDUCACIÓN DIXITAL). Este programa ten como obxectivo favorecer a incorporación xeneralizada das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) no desenvolvemento da actividade educativa, facilitando aos centros educativos a dispoñibilidade de libros dixitais e doutros materiais dixitais cos que poidan desenvolver o seu proxecto curricular.
A actividade educativa diaria desenvolverase nun entorno virtual de aprendizaxe que vai permitir acceder a contidos dixitais gratuítos facilitados pola Consellería de Educación.
O vindeiro curso o proxecto implantarase no noso centro en 5º de educación primaria, polo que o alumnado deste curso non terá que adquirir libros impresos e non participará no reparto de libros do fondo solidario, xa que usarán soamente libros dixitais. Aos alumnos e alumnas proporcionaráselles un ordendador portátil na modalidade de cesión de uso, para uso persoal e educativo.
Nos seguintes enlaces tedes máis información:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |