Magosto

CELEBRAMOS O MAGOSTO 2022

 

O PASADO XOVES TOCOU CELEBRAR O MAGOSTO E DESPOIS DE ANOS SEN FOGUEIRA, DESTA TOCOU; E MENUDA FOGUEIRA.

UNHA VEZ QUE O LUME DEIXOU PASO ÁS BRASAS ASÁRONSE UNHAS CASTAÑAS RIQUÍSIMAS

 

AGORA PASADE VEDE QUE BEN O PASAMOS

MAGOSTO 2018

O pasado 9 de novembro celebramos o tradicional MAGOSTO no colexio. Comezamos cun xantar típico destas datas no comedor (o tempo estaba moi inestable e o chan mollado, co cal era complicado xantar fóra como fixemos en anos anteriores). Xa no patio acendemos a tradicional fogueira e asamos unhas riquísimas castañas e para rematar, como non, tisnar as caras e as mans coa cinsa e cos tizóns e correr detrás dos compañeiros e dos profesores para coller a alguén desprevido e lixalo o máximo posible.  A pesares do tempo, resultou unha xornada divertida para os nenos e nenas, profesores e coidadores que disfrutaron todos xuntos dun día especial. 


MAGOSTO 2017

O pasado venres, 10 de novembro, tivemos un tempo estupendo para celebrar o tradicional MAGOSTO no cole. Foi unha completa xornada onde non faltaron os xogos tradicionais, a comida típica destas datas (empanada, bolo preñado, refrescos...)  e como non... a fogueira e as castañas!!.

 E o remate esperado: tisnarse  cara e mans e correr parar tisnar aos demais...!! 

 

MAGOSTO 2016

Un ano máis celebramos no cole a festa do magosto. O tempo non nos axudou moito e tivemos que comer o xantar no comedor escolar, ademais non puidemos realizar a sesión de xogos tradicionais como estaba previsto.

Ao final o tempo quíxose portar algo ben e deixounos facer a fogueira e asar as castañas, co cal a xornada rematou mellor do esperado: todos os que quixeron tisnaron a cara....!!!

 

 

 

 

MAGOSTO 2015

MAGOSTO 2015

O martes 10 de novembro celebramos o MAGOSTO no cole, o tempo, por fin, axudounos (fixo un día espléndido!!!) e puidemos disfrutar da fogueira, das castañas, dos xogos e como non: tisnarnos a cara, correr e saltar ... !!!

 

 

MAGOSTO 2014

O luns 10 de novembro celebramos o magosto no colexio. Despois de disfrutar dun xantar típico desta festa (empanada e bolo preñado) os nenos/as disfrutaron con diferentes xogos populares mentres se asaban as castañas: carreira de sacos, saltar a corda, xogo do tres en raia con castañas, o come-castañas, tirar da corda... Unha vez asadas as castañas, ademais de comelas, non podía faltar o máis divertido: pintarse coa cinsa que quedou da fogueira. Nas fotos podedes ver o ben que o pasaron...!!

 

ANTES DE XANTAR

PREPARANDO O LUME

XANTANDO

ASANDO CASTAÑAS

 

XOGOS POPULARES 

 

COMENDO CASTAÑAS

 

HORA DE PINTARSE!

 

OS NOSOS GRAFFITI

  (Preme en cada imaxe para acceder á galería de fotos)

Powered by Drupal - Design by artinet