MAGOSTO 2018

O pasado 9 de novembro celebramos o tradicional MAGOSTO no colexio. Comezamos cun xantar típico destas datas no comedor (o tempo estaba moi inestable e o chan mollado, co cal era complicado xantar fóra como fixemos en anos anteriores). Xa no patio acendemos a tradicional fogueira e asamos unhas riquísimas castañas e para rematar, como non, tisnar as caras e as mans coa cinsa e cos tizóns e correr detrás dos compañeiros e dos profesores para coller a alguén desprevido e lixalo o máximo posible.  A pesares do tempo, resultou unha xornada divertida para os nenos e nenas, profesores e coidadores que disfrutaron todos xuntos dun día especial. 


Powered by Drupal - Design by artinet