Titorías

ENTREVISTAS FAMILIAS-PROFESORADO

O horario de atención ás familias será, coma en cursos anterios, os martes de 16:30 a 17:30. Aconséllase que pidan cita con antelación para evitar que acudan demasiados pais/nais á mesma hora, o que impediría que recibiran a atención debida.

No caso de non poder acudir no horario sinalado por causas maiores, as familias poderán concertar co profesor/a outra hora dispoñible para ambos, chamando ao centro en horas de recreo, de 11:55 a 12:25, para pedir cita, ou a través do alumno/a. 

No número 2 da revista Ollos de Aula (revista destinada ás familias do alumnado) que publica a Coordinadora Galega dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística apareceu publicada unha pequena guía con orientacións a seguir á hora de realizar unha entrevista co profesorado. Guía que nos parece interesante e que poden consultar aquí facendo clic sobre a seguinte imaxe.  

Powered by Drupal - Design by artinet