Aulas Abalar

SOLUCIÓN AS TAREFAS DESTA SEMANA DE MATEMÁTICAS

Veña! Prometido esta sí que é a última entrada antes de marchar de vacacións!

Déixovos aquí un PDF coas solucións dos exercicios de matemáticas que vos plantexara Pepe para esta semana. Xa sabedes que non se pode facer trampa, así que nada de miralos se antes non os fixestes.

A disfrutar destes días!!

ÚLTIMA TAREFA ANTES DE QUE CHEGUEN AS VACACIÓNS;)

Boas tardes esta é a última tarefa antes de que vos vaiades de vacacións!!

Creo que o que máis vos gusta desta profe son as súas sorpresas así que aquí queda a última que se me ocorreu antes de que collamos vacacións e descansemos todos. 

Pensade o que vos gustaría facer agora... quizais un pouco deescapismo!!
 
Espero ter acertado. Vémonos á volta ou escribímonos;)
 
 

 

MATEMÁTICAS PARA SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL

Déixovos aquí un PDF coas actividades que preparou o voso profe Pepe para esta semana. Son de repaso de divisibilidade pero é moi importante que as fagades posto que están relacionadas co seguinte que vos vai explicar.

AVISO IMPORTANTE PARA AS FAMILIAS: INSTALACIÓN APLICACIÓN ABALAR MÓBIL

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de enviar aos centros educativos unhas instrucións relativas a segunda avaliación do presente curso escolar. Segundo estas instrucións, e a efectos de dar continuidade ao calendario escolar, os centros educativos procederán a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre, tomando para iso as medidas que precise, de tal xeito que as cualificacións estén dispoñibles para as familias o vindeiro 3 de abril.

Segundo ditas instrucións e, tal e como xa comunicara anteriormente a Consellería, non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma.

En consecuencia, e co fin de que todas as familias teñan acceso ás cualificacións dos seus fillos e fillas necesitamos que, as familias que aínda non o fixestes, instalades a aplicación Abalar Móbil nos vosos teléfonos móbiles.  

Este será o medio polo cal, en principio, vos faremos chegar as cualificacións, dado o estado de confinamento no que nos encontramos. No seguinte enlace tedes unha guía para saber como instalar a aplicación nos vosos móbiles (que logo podedes descargar tamén nunha tablet). En dita guía tamén se explica como consultar despois os datos. 

GUÍA INSTALACIÓN APLICACIÓN ABALAR MÓBIL 

INFORMACIÓN SOBRE A APLICACIÓN ABALAR MÓBIL

Se algunha familia ten dificultades ou non pode descargar dita aplicación, podedes poñervos en contacto co centro das seguintes maneiras:

- Enviando unha mensaxe ao seguinte enderezo electrónico:                     ceip.albino.nunez@edu.xunta.gal 

- Chamando por teléfono, de luns a venres, de 10:00 a 12:30 horas, aos seguintes teléfonos: 988 788 896 ou  988 788 895.

NOTA-  a aplicación poden instalarla os dous proxenitores, tanto o pai coma a nai, cada un no seu teléfono móbil.

PARA PODER CORREXIR AS ÚLTIMAS TAREFAS DE MATEMÁTICAS...

Boas tardes!! Pepe preparouvos as solucións das actividades que subimos nesta páxina fai uns días.

Así que déixovolas aquí, pero nada de facer trampa!! Só se poden mirar se antes tedes todos os

exercicios acabados. Bo fin de semana a todos!

LER, REPASAR, XOGAR E PINTAR

Estivemos pensando en que estes días o máis importante é que aproveitedes algo do voso tempo para ler. Estou segura de que estades lendo algún libro en galego ou en castelán, xa sabedes que na web do cole colgámosvos un enlace no que podedes acceder a libros electrónicos e películas de forma gratuita a través das bibliotecas públicas de Galicia (SE AINDA NON SODES SOCIOS PODEDES FACERVOS A TRAVÉS DE INTERNET ( É GRATUITO). Por se non o vistes déixovolo aquí: GALICIALE.

Tamén estiven seleccionando algunhas lecturas curtas con preguntas de comprensión para L.Castelá, sobre temas de actualidade desde Italia a Oriente Medio pasando por microbios.... Podedes ler as que máis vos interesen e facer as actividades.

Deixovos aquí tamén dous PDFs para que repasedes as últimas unidades de L.CASTELÁ e de L.GALEGA. Intentade facer aqueles nos que teñades máis dificultades.

Tamén para repasar é este enlace con xogos de l.castelá, intentade o de analise morfolóxico;)  

Outra tarefa pendente que tedes é enviarnos os vosos debuxos con arcos da vella e o  lema "TODO VAI IR BEN"ceip.albino.nunez@edu.xunta.gal para que os poidamos colgar na web e de paso ver como estades levando este confinamento. Mañá espero ver un montón de debuxos. Ánimo rapaces!!

REPASO DE MATEMÁTICAS PARA A SEMANA DO 23 AO 27 de MARZO

Bos días!! Déixovos aquí un enlace con fichas de repaso de matemáticas que vos preparou o profe Pepe. Podédelas ir facendo pouco a pouco. Ben imprimíndoas e facéndoas ou copiando os exercicios na libreta. Cada un como poida. Só se trata de que non esquezades todo o aprendido.

 

NOVA TAREFA DE C.SOCIAIS PARA ESTA SEMANA: ESTUDAR E INVESTIGAR

BOS DÍAS!! COMO IDES CON C.SOCIAIS?

Recordades que o profe Pepe estabavos explicando un tema extra sobre a xeografía de Galicia e faltabanos o Río Miño. Pois estivo preparando a información e aquí a tedes no enlace. Esta vez non hai video:(pero si un traballo de investigación ao final do pdf.); Non todo vai ser estudar!

Ademais de maneira optativa se alguén quere facer unha pequena presentación en PowerPoint (ou similar) sobre os afluentes e encoros do río Miño so tedes que enviarma a vidalferro@edu.xunta.es e subirémola á páxina web para que todos vexan do que sodes capaces. Ánimo! Queda menos para vernos!

ACLARACIÓN DE DÚBIDAS E PROBLEMAS COA APLICACIÓN ABALAR

Boas tardes!! Aclaro algunhas dúbidas que se puideron presentar estes días.

_ Traballo de C. Sociais. A idea é que busquedes por internet algún anuncio que vos chame a atención, visionádelo e despois nun folio escribides o título do anuncio, analizades os seus elementos e a estructura como aparece na páxina 81 do libro  e facedes unha crítica do mesmo. COIDADO COA PRESENTACIÓN;)

_ Biografías de GALEGO/ CASTELÁN. A biografía de galego en principio era para facer por parellas pero se alguén a quere rematar na casa por separado non hai problema e tamén se pode cambiar o formato. A idea orixinal era colgalas en A3 nos corredores do colexio, pero tamén mas podedes enviar por correo electrónico (vidalferro@edu.xunta.es) e súboas á páxina do cole. Podédelas escribir nun folio ou facer un word como queirades. 

A de castelán mellor nun folio para podelas correxir Pepe e máis eu.

_ En canto aos enlaces dos libros de texto. Vou deixar aquí un enlace para que poidades acceder aos libros de vicens vives (l.galega, c.sociais e l.castelá), só tedes que buscar Galicia e elexir o libro de sexto no que necesitedes entrar.

_ Por último, pedir disculpas porque estou tendo problemas á hora de recibir as mensaxes que mandades a través da aplicación Abalar. As veces non mas deixa abrir.

Un saúdo a todos.

TAREFAS QUE XA SE MANDARON POLA APLICACIÓN ABALAR PERO CON ENLACES AOS LIBROS DE TEXTO

Como sabemos que algúns tedes os libros no colexio e outros (moi poucos) non tedes 

descargada a aplicación ABALAR MÓBIL decidimos colgar aquí todo o que se enviou a

 dita aplicación o venres 13 de marzo pero con enlaces aos libros de texto. Esperamos que

vos sexa de utilidade.

  

MATEMÁTICAS

 - Después deberás resolver los siguientes ejercicios: 1 y 2 de la página 118 y 5, 6, 7

y 8 de la página 119. Además aparecerá también en la web un par de fichas que

debes resolver en tu cuaderno de matemáticas.

 

 L. CASTELLANA

 UNIDAD 9. Leer " El dragón obsoleto" (pág. 144 -146) y contestar mentalmente las preguntas

del ej. 1 (pág. 147). Escribir un resumen de la lectura y hacer un dibujo.

 _ Escribir biografía de algún familiar o personaje al que admires y hacer su retrato en la libreta.

 

 _ Estudiar adverbios, preposiciones y conjunciones por el cuadro que se os adjunta más abajo.

Después hacer en libreta: 15, 18 y 19 de 151 y 22, 24 y 27 de 152.

 

L. GALEGA

 - Acabar biografía da muller elexida.

- Comezar U.9. Ler "Marie Curie" (páx. 128-129). Contestar mentalmente ex. 1 de pax 130 e

facer no caderno o exercicio número 2.

- Repasar adverbios e preposicións pola fotocopia que tedes na libreta e estudar conxuncións e

interxeccións polas páxinas 132-133 e facer exercicios 9 e 10 da páxina 133 e 16 da páxina 134.

- Ler páxina 135 (diérese e se non /senon) e facer exercicios 19 e 20.

 

C.SOCIAIS

 - Unidade 5: A empresa e o traballo. Facer esquema de:

1. O diñeiro, páx. 76-77.

2. As empresas, páx. 78 - 79.

3. A publicidade, páx 80.

- Traballo: busca na internet un vídeo dun anuncio publicitario e analízao seguindo o esquema

que aparece na páxina 81. Fai unha crítica do mesmo e detecta promesas incumplidas.

Powered by Drupal - Design by artinet