Novas ANPA
ACTIVIDADES PARA O VERÁN 2021
Un ano máis o Concello de Ourense organiza campamentos de verán para nenos e nenas de 4 a 12 anos (de 4º de Infantil rematado este ano, ata 6º de primaria).
Ao longo dos meses de xullo e agosto terán lugar as actividades nos seguintes centros: CEIP O Couto, CEIP Manuel Luis Acuña, CEIP Vistahermosa, CEIP Hermanos Villar, CEIP Amadeo Rodríguez Barroso, CEIP Las Mercedes, CEIP Prácticas y CEIP A Ponte e na Aula da Natureza do Río Miño (nesta última as actividades continuarán tamén do 1 ao 9 de setembro). O horario será de 8:00 a 14:30 h.
"As actividades están orientadas á consecución de hábitos de vida saudables, actitudes solidarias e de convivencia, a promover a igualdade de xénero e o respecto ao medio ambiente. Ademais de actividades lúdicas haberá reforzo educativo de matemáticas, lingua e idiomas. A rapazada con necesidades especiais (NEE) recibirá atención personalizada en todos os centros.
PREINSCRICIÓN A preinscrición e a matriculación realizaranse de forma telemática. O prazo vai do 16 de xuño ás 9.00 horas até o 20 de xuño, domingo, ás 24 horas, a farase a través da web: www.educacionourense.es.
Tamén tedes máis información no seguinte documento e acceso directo ao formulario de inscrición:
- Formulario de inscrición (on-line)
Terán preferencia os nenos e nenas de pais e nais que estean en activo e empadroados no Concello de Ourense
Unha vez admitida a solicitude, o prazo para formalizar a matrícula será do 23 ao 27 de xuño.
BASI E OS SEUS AMIGOS
Comunicámosvos unha actividade que nos parece moi interesante, a presentación do libro BASI E OS SEUS AMIGOS, "unha historia que fala da integración, do amor á diferencia e do respecto polo que cada un é. Un libro que amosa que os problemas poden disolverse con boas intencións e determinación e no que a empatía é a palabra clave".
No seguinte cartel tedes a información sobre o lugar de celebración, data e horarios.
NOVAS ANPA
A Asociación de Nais e Pais do Centro convoca a todos os pais, nais e/ou titores legais dos alumnos/as a unha reunión o vindeiro 1 de outubro ás 6 da tarde. Coma sempre recordamos a importancia de asistir a estas reunións, tendo ademais en conta que se vai producir unha renovación de membros da xunta directiva. Reproducimos a carta enviada pola ANPA a todas as familias:
NOVAS ANPA CURSO 2019-20
|
A ANPA do centro ofrece este curso 2019-20 o servizo de MADRUGADORES ou ACOLLIDA TEMPERÁ para todo o alumnado do centro. E o servizo de CAMBIO DE MUDA para o alumnado de educación infantil. Premendo nos seguintes enlaces podedes descargar o impreso de solicitude onde ademais figura toda a información. |
- SERVIZO DE MADRUGADORES PARA INFANTIL E PRIMARIA
- SERVIZO DE CAMBIO DE MUDA PARA ED. INFANTIL
(Máis información no teléfono da ANPA 663 951 651)
CAMPAMENTO DE VERÁN
A Asociación de Nais e Pais do noso centro comunícanos que ata o 16 de maio permanecerá aberto o prazo de inscrición para o campamento de verán que, de haber o número suficente de inscritos, realizaríase no colexio do 24 de xuño ao 31 de xullo.
Podedes consultar toda a información no seguinte póster:
No seguinte enlace podedes descargar a ficha de inscrición: CAMPAMENTO DE VERÁN 2019
INICIO DE CURSO 2017-18
INFORMAMOS DAS ÚLTIMAS NOVAS COMUNICADAS POLA ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DO CENTRO (ANPA)
SOCIOS |
Xa está aberto o prazo para facerse socio da ANPA. A cuota é de 20 euros por familia e ano. |
SERVIZO DE "ATENCIÓN MATINAL" | Este curso xa está en marcha o servizo de atención matinal dende as 07:30 ata as 9:30 (hora de entrada ao centro). O custe é de 41,50 euros ao mes por neno/a (inclúe o almorzo). |
SERVIZO DE "ATENCIÓN AO ALUMNADO DE INFANTIL NO HORARIO ESCOLAR" | Tamén xa está en funcionamento o servizo de atención ao alumnado de infantil. A cuota é de 13 euros por mes. |
REUNIÓN ANPA |
No salón de actos do centro, o vindeiro xoves, 21 de setembro ás 19:00, celebrarase a primeira reunión do presente curso escolar 2017/18. Nela elixirase a nova xunta directiva, exporanse as actividades extraescolares e os próximos proxectos a realizar.
|
MAIOS 2017
Por iniciativa da ANPA, este ano participamos na tradicional festa dos MAIOS que se celebrou na cidade de Ourense o pasado domingo, 7 de maio.
Nais e pais da asociación realizaron un primeiro maio na categoría de "maio artístico": "A BARQUIÑA". Na categoría de "maio tradicional" realizaron outro no que colaboraron os nenos e nenas da ECOPATRULLA: "O PIRULIÑO DAS ECOMAÑÁS".
Ademais o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria realizou nas aulas as tradicionais coplas que acompañan os maios e que fan referencia aos acontecementos do ano.
Ao longo da xornada, nenos e nenas do cole acompañados polas súas familias acudiron a ver os maios do cole e colaboraron no canto das coplas:
Na edición impresa do xornal LA REGIÓN do luns 8 de maio, nunha reportaxe sobre a celebración dos maios, como non, aparecen as fotografías dos dous maios.
Tamén no blog do proxecto de VOZ NATURA deste curso "Reciclamos lixo co mellor sorriso" podedes ver máis imaxes e información sobre esta actividade.Premede no seguinte enlace:
ESCOLA DE NAIS/PAIS 2017
Unha vez máis, facémonos eco dunha nova enviada pola Concellería de Sanidade do Concello de Ourense para difundila entre os membros da nosa comunidade educativa (pais, nais, ANPA e docentes). Trátase da continuación dos obradoiros da Escola de Nais e Pais xa realizados en cursos anteriores.
O fin destes obradoiros é o de "apoiar a nais, pais e educadores no proceso evolutivo e madurativo dos seus fillos tentando fortalecer o seu papel referencial e potenciar a comunicación e as habilidades sociais para favorecer unha boa autonomía e unha personalidade eficaz e axeitada para a adaptación social".
Son tres os obradoiros que se realizarán nesta campaña, que abrangue dende xaneiro ata maio:
1- As emocións na familia
2- A sobreprotección e as súas consecuencias
3- Da preocupación á ocupación
Pode solicitarse a participación nos tres obradoiros ou nalgún deles. A inscrición nos mesmos é gratuíta.O teléfono de consultas é o 988510622.
Máis información no documento adxunto:
XORNADAS: A SOBREPROTECCIÓN FAMILIAR
Facémonos eco tamén doutra actividade da que nos informa a Concellería de Sanidade do Concello de Ourense para que difundamos entre todos os pais/nais e profesorado.
Os vindeiros 25 e 26 de outubro, no Auditorio Municipal, celebraranse unhas xornadas sobre a sobreprotección familiar e as súas consecuencias dirixidas a pais/nais, profesores/as e axentes educadores do Concello. Podedes consultar toda a información no cartel e no tríptico das xornadas:
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »