Circulares

HORARIO COMEDOR E SAÍDAS NO MES DE XUÑO

 

 HORARIOS COMEDOR E TRANSPORTE PARA O MES DE XUÑO

COMEZO CURSO ED. INFANTIL 3 ANOS

Estimadas familias dos alumnos e alumnas de 3 anos que comezan no noso centro a súa primeira etapa escolar: comunicámoslles que o vindeiro luns, 6 de setembro, ás 10:30 da mañá, haberá unha reunión no colexio para informalos do período de adaptación e doutras normas do centro. 

Á citada reunión, por mor das restricións sanitarias, só poderá acudir un membro de cada familia e prégase por favor, que non traian aos nenos e/ou nenas. 

No seguintes enlaces poden consultar os horarios e quendas do período de adaptación, a lista de material e un tríptico con recomendacións sobre a incorporación ao colexio do alumnado de 3 anos:

- PERÍODO DE ADAPTACIÓN

- LISTA DE MATERIAL

- ENTRAMOS NA ESCOLA 

NOVAS INICIO DE CURSO 2021-22

 

MODELO DE ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN CLÍNICA COVID-19:

 

 

Enlace para poder descargar ou imprimir os dous documentos anteriores:

- INFORMACIÓN HORARIOS 

- ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN CLÍNICA COVID-19 

COMEDOR ESCOLAR CURSO 2021-22: COLABORACIÓN FAMILIAS

Na seguinte nota informativa podedes consultar toda a información relativa á colaboración das familias no servizo de comedor escolar o vindeiro curso 2021-22 (data de presentación das solicitudes de colaboración, horario do servizo, quenes poden solicitar dita colaboración...):

No seguinte enlace podedes descargar toda a información:

- COLABORACIÓNS SERVIZO COMEDOR ESCOLAR CURSO 2021-22

 

SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR CURSO 2021-2022: IMPRESOS DE AUTODECLARACIÓN

Comunicamos a todas as familias que ata o 16 de xullo está aberto o prazo para presentar o impreso de autodeclaración dos prezos públicos e as súas especificacións para todos os que solicitaron facer uso do servizo de comedor escolar no vindeiro curso 2021-22. 

*O impreso presentarase na secretaría do centro de 10:00 a 13:30 horas. 

Premendo na seguinte imaxe podedes acceder a máis información sobre prezos, requisitos...:

SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR 

CURSO 2021-22

 

CEIP PLURILINGÜE P. ALBINO NÚÑEZ 

Enlaces:

- Impreso de autodeclaración 

- Premendo na imaxe accedes á calculadora que permite simular o cálculo dos prezos de comedores en función da renda neta per cápita da unidade familiar do ano 2020:

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet