O venres 19, último día lectivo deste curso escolar, rematamos cunha gran festa organizada pola ANPA do centro no patio do colexio. Nin que dicir que os rapaces/zas pasárono xenial, non podía ser menos: inchables, xogos de auga, touro mecánico, visita de Bob Esponxa... e ao remate a esperada FESTA DA ESCUMA, que xa se está convertendo nun "clásico" a final de curso... ata as colaboradores/as do comedor escolar e cociñeiras se animaron a participar... Como veredes na seguinte presentación de fotos a xornada foi todo un éxito!!!
E despois no comedor escolar tivemos un momento moi especial... a despedida de Julia, unha das nosas cociñeiras, chegoulle a hora da súa xubilación e dun merecido descanso despois de 35 anos traballando no comedor do centro. Dende aquí queremos agradecerlle toda a súa adicación e o esforzo realizado ao longo de tantos anos e desexámoslle o mellor nesta nova etapa da súa vida que agora vai comezar.
|
A T A
S E M P R E
J U L I A! |