PARA QUEDAR NA CASA

Que tal familias? Esperamos que esteades todos co ánimo moi alto, entre todos lograrémolo!!. Para facer máis levadeira esta tempada en que nos toca quedar na casa, ademais das tarefas que vos van indicando os profesores para cada curso e para cada materia, deixámosvos unha serie de iniciativas e  unha serie de enlaces para que os nenos e nenas podan seguir traballando dende a casa e tamén para divertirse e ter un pouco de ocio:

O Ministerio de Educación y Formación Profesional pon en marcha a web APRENDO EN CASA, con materiais e recursos on-line para docentes, familias e alumnos.

 

RTVE empeza este luns, 23 de marzo, as emisións do programa APRENDEMOS EN CASA. Esta é unha iniciativa, do Ministerio de Educación y Formación Profesional en colaboración con RTVE, co fin de facilitar a aprendizaxe de todo o alumnado durante a suspensión das actividades lectivas por mor da crise provocada polo coronaviurs COVID-19. 

As emisións realizaranse na canle  2 de TVE  e en CLAN TV.  

TV Clan - as tres horas diarias en Clan (de 09:00 a 12:00 horas) estarán destinadas a estudantes entre 6 e 12 anos.

A 2 de TVE - dúas horas diarias (de 12:00 a 14:00 horas) para estudantes de 12 a 16 anos. 

 

(preme na imaxe para acceder á páxina web do Ministerio de Educación onde tedes toda a información)

 

A Compañía de Radio Televisión Galega tamén emitirá de luns a venres, pola TVG 2, un bloque educativo para apoiar aos estudantes galegos. Realizado colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. A franxa horaria será de 11:00 a 13:00 horas.

Premede no enlace para ver a información: bloque educativo na TVG 2

 

No repositorio de contidos do Espazo Abalar aparecen multitude de recursos que podedes buscar por curso, materia, idioma, tipo de recurso... para facer on-line ou descargar.

 

 EduClan é outra proposta da canle CLAN de RTVE en colaboración co Ministerio de Educación y Formación Profesional e diversas editorias. Unha ferramenta educativa para as familias durante o peche preventivo dos centros educativos.

 

Aulas galegas é un portal educativo realizado por un colectivo de profesoras e profesores sen ánimo de lucro que ante a situación de illamento provocada polo coronavirus Covid-19 quere ofrecer unha axuda educativa á sociedade. 

 

 Dende o Programa Si!, que seguimos no centro, podedes acceder a recursos e actividades dende infantil ata 6º de primaria. Recordade, xa postos na páxina, premedes en INTRANET e alí poñedes como usuario: FAM32015190 e como contrasinal: FAM32015190XH

 

Recursos didácticos de matemáticas para escolas e familias ordenados por cursos son ofrecidos polo proveedor de recursos especializados Innovamat. 

 

AulaPlaneta ofrece acceso libre aos seus recursos e materiais ao profesorado de 5º e 6º de primaria e a todo o profesorado de ESO. 

 

 A editorial Vicens Vives dá acceso aos seus libros dixitais e recursos de forma libre.

 

 A páxina web Yoaprendoencasa, da editorial SM, ofrece un montón de recursos, fichas e iniciativas para aprender dende a casa.

 

 Coa web La escuela en casa, a editorial Santillana presentanos unha serie de recursos abertos para o profesorado e as familias. 

 

A editorial Anaya tamén pon a disposición das familias a web LA WEB DEL ALUMNADO Y LA FAMILIA con acceso aos libros dixitais e recursos de todas as  materias. 

  

A editorial Oxford dá acceso libre a Online Learning Zone - Primary, para recursos en inglés.

 

 En casa con MacMillan, da editorial MacMillan, outra web con recursos en inglés para todos os niveis.

 

O Ministerio de Cultura y Deporte  pon a disposición de todos o programa LaCulturaEnTuCasa con visitas virtuais  a cines, teatros, exposicións, música, bibliotecas, audiolibros...

 

 

Este estupendo blog de Julián Marquina ofrecenos unha serie de recopilacións moi interesantes e sempre actualizadas, aquí tedes algunha delas:

- 22 editoriais ofrecen os seus libros electrónicos de balde para levar a corentena

- Audiolibros infantís de balde

- 11 actividades culturais de  balde sen saír da casa 

 

 Na web REGALO AL PROFE contamos tamén cunha recompilación  de propostas e recursos moi interesantes para estes días de quedar na casa (visitas virtuais a museos, apps para descargar, actividades...)  

A editorial Kalandraka comparte con nós a estupenda iniciativa CONTOS CONTADOS, premede na imaxe para acceder á sección da súa canle, na que, diariamente, irán aparecendo algún dos contos editados por esta editorial. 

A Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia tamén dá acceso a todo o seu catálogo de libros electrónicos de forma moi sinxela aínda que non sexas socioentra na web GALICIA LE.

  

 

        

A editorial Baía Edicións, a través da web BAÍA CON NÓS NA CASA, tamén ofrece a posibilidade de descargar libremente moitos dos seus libros de contos para nenos e nenas dende 4 ata 12 anos. 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet