CONTOS CON PISTA

O pasado 18 de abril visitounos unha vez máis Raquel Queizás. A gran actriz e contadora de contos fixo as ledicias dos alumnos e alumnas de 2º, 3º, 5º e 6º de primaria. 

Nesta visita representou o seu espectáculo CONTOS CON PISTA. No mesmo, co seu habitual bo facer, contou, escenificou, cantou e mantivo a intriga e interese dos nenos e nenas con historias basadas en lendas tradicionais galegas.

Partindo das súas vivencias da infancia na aldea, enlazou con tres historias protagonizadas por personaxes do imaxinario popular galego como son: os trasnos, o home do saco e a moura. Unha forma divertida e amena de achegar aos rapaces e rapazas a literatura galega de tradición oral. 

 

Powered by Drupal - Design by artinet