DÍA DO DEPORTE

O martes 19 de abril celebramos o DÍA DO DEPORTE como complemento e remate do programa CANDO XOGO... EN GALEGO!!, programa que estivemos realizando ao longo de 6 semanas. Co mesmo tratabamos de aunar o fomento de hábitos saudables, como é o da actividade deportiva, e o fomento da nosa lingua dando a coñecer, para o seu posterior uso, o vocabulario específico en galego dos deportes máis coñecidos (máis información en entradas anteriores). Foi unha xornada de convivencia lúdico-deportiva na que todo o alumnado participou na medida das súas posibilidades, tratando tamén de fomentarse o espíritu deportivo, o compañeirismo e a autoestima. 

Agradecemos a Ourense C.F. / Ourense- Envialia F.S. e o Clube de Atletas Veteranos de Ourense a súa colaboración na organización deste día e a súa participación nas diferentes actividades.  

Aquí tedes un resumo en imaxes de como transcurriu este dia:

   
1. Comezamos ás 10 da mañá na biblioteca do centro cunha charla sobre atletismo para 5º e 6º de primaria  2. Sesións de quecemento antes das probas de atletismo
   
3. Ás 11, por cursos, os alumnos/as dende 1º ata 6º de primaria realizaron un circuíto señalizado polo patio do colexio 4. Ás 11:30 charla sobre fútbol dirixida a 4º, 5º e 6º de primaria 
   
5. Ás 12:15 os pequenos/as de infantil rotaron por tres diferentes circuitos de psicomotricidade  6. Tamén ás 12:15 comezaron os partidos de fútibol sala (dúas semifinais e unha final) 
   
Así viviron as competicións dende as bancadas    Rematamos coa entrega de diplomas e medallas conmemorativas a todo o alumnado

Powered by Drupal - Design by artinet