PRAZO PARA A RESERVA DE PRAZA EN CENTRO ADSCRITO

 

 

Comeza o proceso de admisión e matrícula para o vindeiro curso 2024-25 coa reserva de    praza nos centros de adscrición.

Do 15 de xaneiro ao 05 de febreiro o alumnado  de 6º de primaria que desexe continuar os seus estudos no IES EDUARDO BLANCO AMOR (centro ao que está adscrito o noso centro), debe presentar o impreso de solicitude de reserva de praza

 

a) na secretaría do centro     

b) por vía telemática

 

A solicitude de admisión pode cubrirse por vía telemática na páxina web www.edu.xunta.gal/admisionalumnado  no apartado Solicitudes - Reserva - Crear.

 

Feito iso poden optar por:

  • Imprimir dito formulario e entregalo na secretaría do noso centro.
  • Presentalo na Sede Electrónica a través da aplicación, se dispoñen de certificado dixital ou Chave365.


Tamén poden descargar o Impreso de solicitude ou solicitalo no centro, para cubrilo a man e entregalo posteriormente en secretaría.

 

 

ENQUISA PARA A POSTA EN MARCHA DUNHA ESCOLA DE PAIS /NAIS

Dende a ANPA proponse a creación dunha escola de pais/nais.

Entrade no seguinte cuestionario e seleccionade as temáticas que poden ser do voso interese, para que se den charlas ou conferencias no centro.

 </

CONMEMORACIÓN DO 25N...2023

O venres conmemoramos o Día contra a Violencia de Xénero. Decoramos o centro, pedimos que o alumnado viñese cun pano morado na cabeza e despois do recreo celebramos un acto no patio.

Neste acto leron tres alumnos/as de 5º de primaria un manifesto e ao rematar todos os cursos cantaron e bailaron unhas cancións que prepararon na aula coa profe Maite e o seu profesorado.

Fixérono xenial!!

Agardamos que esta conmemoración lles permita ver que a sociedade precisa un cambio, para que ningunha muller máis sufra a violencia de xénero.

         

 

CAMPAÑA RECOLLIDA ALIMENTOS E XOGUETES

Un ano máis participamos na recollida solidaria de alimentos e xoguetes, colaborando con Protección Civil do Concello de Ourense.

Se vos animades a colaborar, podes facer as entregas no colexio.

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS NA BIBLIOTECA

Abrimos as portas da nosa biblioteca para que as familias vos acheguedes a coñecela e facervos usuarios se así o desexades.

CELEBRAMOS O MAGOSTO 2023

O pasado venres 10 de novembro festexamos o magosto no colexio, gozando dunha xornada de xogos populares organizados polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega. 

Contamos coa colaboración do alumnado de 6º de EP que dinamizou cada un dos xogos.

Xogamos, bailamos e ramatamos cun xantar enxebre no mesmo patio: bocata de chourizo e castañas asadas na fogata que nós mesmos fixemos.

Como non podía ser doutro xeito, os nenos e nenas remataron a xornada pintándose cos tizóns.

  

 

DECORACIÓN DE SAMAÍN

Aquí vos deixamos unhas fotos coa decoración do colexio polo Samaín.

Powered by Drupal - Design by artinet