F.O.L.

O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN SEGUE ORIENTANDO TELEMÁTICAMENTE

O Departamento de Orientación segue neste tempo  de toma de decisións coa asistencia telemática, orientarvos   sobre o voso futuro académico e profesional  é noso obxectivo. Deixámosvos o noso correo electrónico para que vos poñades en contacto .

  • INFORMACIÓN ESO E BACHARELATO

Irma Álvarez:orientación.vigo@gmail.com

Sara Rivera: sara.rivera@edu.xunta.es

  • INFORMACIÓN CICLOS FORMATIVOS FP

Charo Cid: orienta.laboralprofesional@gmail.com

Déixovos a presentación da charla de qué facer despois do bacharelato, podevos servir de axuda nas vosas decisións.

 

LIGAZÓNS

Que pode facer vostede para axudar durante a pandemia?

ARTIGO

 

 Este artigo vai dirigido á poboación adulta, tanto profesorado, alumnado e familias da nosa comunidade educativa.

Dende o departamento de orientación queremos convidar a reflexionar sobre cuestións que favorezan a convivencia, de entre as que destacamos as condutas prosociais e de axuda no centro educativo e nos demais ámbitos da vida. 

 Elixin este artigo de Antonio Blanco Prieto, profesor da Universidade de Oviedo, coa intención de ofrecer pautas de axuda que poidamos exercer todos e todas, sen necesidade de estar na “ primeira liña” como ocorre co persoal sanitario.

 Antonio Blanco cita neste artigo o psicólogo Howard Gardner, que afirmaba 

que podemos achegar poderosos modelos que conviden a outros seres humanos a actuar dunha maneira cada vez máis responsable”. Unha cuestión presente, se consideramos o liderado social, sen necesidade de tirar grandes foguetes, simplemente comprendendo o impacto do comportamento no noso pequeno mundo.

 Cita tamén o artigo a Javier Gomá , filósofo que recuperou o concepto de exemplaridade, quen explica que vivimos, nos movemos e existimos entre exemplos, sendo, tamén, nós exemplos para os demáis. 

Todos somos responsables 

  Aquí, afirma Antonio Blanco, “atópase a responsabilidade de calquera persoa ante a crise, tanto dos que están na primeira liña, como daqueles que senten baleiro pola ausencia de actividade prosocial. Uns e outros deben ser conscientes do valor das súas condutas, do seu exemplo.

O simple cumprimento das recomendacións da saúde pública supón un primeiro exercicio de exemplaridade.

Esta responsabilidade obríganos a un claro imperativo categórico: “obra de tal maneira que os efectos da túa acción sexan compatibles coa permanencia dunha vida humana auténtica sobre a Terra”.

Convídovos a ler este artigo e descubrir tódalas condutas e comportamentos que merecen os nosos aplausos e que facemos tódolos días na nosa cotiandade.

 

Departamento de orientación 

IES Politécnico de Vigo

 

¿Qué puede hacer usted para ayudar durante la pandemia?

 https://theconversation.com/que-puede-hacer-usted-para-ayudar-durante-la-pand

Simulacro No IES Politécnico de Vigo 2019/2020

O día 27 de Novembro fíxose o Simulacro de Evacuación  no  noso Instituto  de forma EXITOSA.

Dar as grazas a Agrupación de Voluntariado de Protección Civil do Concello  de Vigo pola súa presenza  ano tras ano , a nosa compañeira de Emerxencias Isabel Rodríguez e ao  titor de 2º de FP Básica Antonio Ramilo pola sua organización, ao alumnado de 1º do Ciclo de Prevención  e ao alumnado de  2º de FP básica pola organización previa, e a todos os membros da comunidade educativa pola súa colaboración .

  Un CENTRO comprometido coa SEGURIDADE !!

 

 

 

Solicitude bolsa Erasmus Ciclos Formativos Medios e Superiores

Xa podes facer a túa solicitude de bolsa Erasmus. Vive a túa experiencia Erasmus!

  

8 de cada 10 ERASMUS atopan traballo antes de tres meses. Reportaxe interesante na TVE2.

dd

 

 

 SOLICITUDE BOLSA

Cuestionario Tutoría Amadeo

Cuestionario Tutoria 1º Ciclo Medio de Fabricación Mecánica.

.POSIT

Mobilidade ERASMUS+ a Pont du Château en Francia.

A compañeira Eva Piña, profesora de Formarción e Orientación laboral,  e a Orientadora do instituto, María Irma Álvarez, veñen de facer unha mobilidade ERASMUS+ ao Lycée de Pont du Château en Francia, dentro do Proxecto KA103 que xestionamos dende o noso centro.

Intercambio de experiencias educativas, con especial atención á diversidade funcional no tratamento a persoas con discapacidade, así como á convivencia/ promoción da igualdade, orientación académica, profesional e laboral.


 

OBRADOIRO DE TÉCNICAS DE PROCURA DE EMPREGO 2º FP BÁSICA

O alumnado de 2º de FP Básica  participou activamente na configuración dun Currículo e no desenvolvimento de dinámicas de simulación dunha entrevista de traballo. Queremos dar as grazas a Anabel e Paula de IDAE CONSULTORES.

Convocatoria Bolsas ERASMUS +para PRÁCTICAS do alumnado de CICLOS MEDIO de FP.

Abrese o prazo de presentación de SOLICITUDES de BOLSAS ERASMUS+  para PRÁCTICAS do alumnado de CICLOS MEDIO de FP.

O período serán dende OUTUBRO de 2019. O PRAZO DE PETICIÓN das BOLSAS rematará o VENRES 22 de FEBREIRO de 2019.

Coa finalidade de poder aclarar calquera DÚBIDA en relación coa SOLICITUDE DAS BOLSAS ERASMUS+, así como do seu contido temos programada unha CHARLA o MARTES 12 de FEBREIRO de 2019 no RECREO da da tarde, ás 19:20 h., na AULA D1 de DELINEACIÓN.

 

Simulacro no IES Politécnico de Vigo

O día 15 de Novembro fíxose o Simulacro de Evacuación no  noso Instituto.

Dar as grazas a Protección Civil do Concello  de Vigo pola súa presenza  ano tras ano a nosa compañeira de Emerxencias e ao titor de FP BÁSICA  pola sua organización , aos alumnos do 1ºciclo de prevención  e aos alumnos de FP básica pola organización previa , e a todos os membros da comunidade educativa pola súa colaboración .

  Un CENTRO comprometido coa SEGURIDADE !!

simulacro

Vídeos Para Aprender a Estudar

Déixovos uns vídeos para aprender a estudar.

 

Nada que Celebrar IES Politécnico Vigo 2018

Corto realizado polo alumnado de 2º da ESO de Igualdade de Xénero. Como motivo do 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

 

 

 

Micromachismos.

Presentación das compañeiras do Equipo de Igualdade para traballar na aula.

Euroskills Budapest 2018

Raúl Fernández Lorenzo do CS Programación da produción en fabricación mecánica, gañador do último SpainSkills 2017 na modalidade de CNC-Torneado e Fresado, está nestes días na competición Europea Euroskills 2018 en CNC-Milling (CNC-fresado), acompañado polo profesor de fabricación mecánica Javier Fondevila. Desde o IES Politécnico de Vigo animámosche para que nos volvas a traer outra medalla.

Veña a por ela!!!

 

Convocadas prazas nos Centros Residenciais Docentes para estudos postobrigatorios 2018

Convócanse prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para cursar estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2018/2019.

LIGAZÓNS

Convocatoria Probas libres de obtención de títulos de FP LOE no 2018 Galicia

A Conselleria de Educación convocou as Probas de obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de FP LOE na Comunidade Autónoma de Galicia para o 2018. O prazo de presentación das solicitudes do 17 ao 30 de abril de 2018 ata as 13´00h. Matrícula para módulos de ciclos con prazas liberadas: do 23 ao 31 de maio. 

LIGAZÓNS:

Calendario

Toda a información

 

Convocatoria Aberta De Bolsas ERASMUS +

Convocatoria aberta de Catro Bolsas ERASMUS+  para PROFESORADO e PERSOAL de ADMINISTRACIÓN e SERVIZOS en Ciclos Superiores.O prazo de presentación da solicitude rematará o LUNS 12 MARZO 2018 ás 13:00 h. Para resolver calquera dúbida están PROGRAMADAS DÚAS CHARLAS (mañá e tarde), nas horas do RECREO, o MARTES 6 DE MARZO DE 2018 na SALA DE PROFESORES do Instituto.

 

 LIGAZÓNS:

 

Ata pronto Asmir

"Despedida do alumnado de 2º do Ciclo Superior de Robótica de Asmir, alumno Erasmus procedente de Bosnia que estivo con nós desde o mes de outubro. Sen dúbida, unha boa experiencia para todos e todas!"

 

Distribuir contido