PROBAS DE ACCESO A CICLOS 2016

A Consellería de  Cultura,Educación e ordenación universitaria  convoca as probas de acceso a ciclos formativos para o ano 2016.

Podedes consultar  toda a información sobre o proceso: orde da convocatoria,calendario de probas de acceso e información xeral na seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.es/fp/probas

Novidades da convocatoria de probas de acceso de 2016

As persoas que posúan un título de técnico de formación profesional (Ciclo Medio) ou o título de bacharelato unificado e polivalente (BUP) cumpren os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao superior e, xa que logo, non terán que presentarse ás probas para acceder a estes ciclos formativos.