Seleccionados para o Premio Don Bosco 2016

O profesor do Departamento de Electricidade Luís Diéguez González e mais os alumnos Diego Iglesias Landín e Juan José Pérez Pérez do CS de Automatización e Robótica Industrial de adultos foron seleccionados para o Premio Don Bosco á investigación e innovación tecnolóxica que terá lugar o 1, 2 e 3 de marzo en Zaragoza.

O proxecto presentado e co que intentarán gañar o Premio é "Control dun drone con Arduíno e teléfono Android". Como din no proxecto presentado:

"A motivación deste traballo é conseguir unha plataforma plenamente operativa, de baixo custo e eficaz que permita ter múltiplos usos: vixiar as fragas de incendios, a orde cívica en puntos conflitivos, patios escolares para previr o acoso escolar, etc..."

 

Desexámosvos moita sorte, sabendo que o máis importante foi o camiño que fixestes para chegar ahí.