Visita do conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, en Benteler Automotive Vigo S.L. aos alumnos da FP Dual do IES Politécnico de Vigo

O primeiro grupo de alumnos de FP Dual do IES Politécnico de Vigo, que xa están este ano en formación na empresa Benteler Automotive Vigo S.L. realizando o ciclo formativo de grao medio de Mantemento Electromecánico, recibiron a visita do conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, acompañado do xerente de Benteler Automotive S.L., Guillerme Aibeo; do director de Recursos Humanos, Carlos Casal; e do delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves. Durante a visita o conselleiro estivo falando cos alumnos e coñecendo de primeira man a valoración da experiencia tanto do alumnado, como da empresa e do IES Politécnico de Vigo. Mais información na web da consellería pinchando aquí.