Orixes do Politécnico de Vigo

Temos que remontarnos ós primeiros anos deste século para atopar as orixes do Centro, que ten como obxectivo a formación dos xóvenes que optaban polo coñecemento dos principios básicos que conforman unha profesión.


Xa en 1923 unha serie de persoas, cun gran sentido vocacional, iniciaron nuns sórdidos talleres, situados na parte posterior da que é hoxe sede da Universidade Popular, e antes Escuela de Artes y Oficios, as ensinanzas elementais obreiras.

O desenvolvemento incipiente da industria, tanto naval como conservera, aconsellaba a formación de técnicos con distinto grao de cualificación, que revolucionasen as necesidades de dita industria.

Prodúcese cara ó 1930 unha presión sobre as autoridades municipais, para que estas iniciasen a construcción dun edificio que dispuxese dos medios materiais onde se poudese impartir as ensinanzas.

Este edificio tivo como primeira denominación a de Escuela Superior del Trabajo, e é o antecedente do que posteriormente foi coñecido como Escuela de Peritos Insdustriales. Dentro da súa estructura atopábase a Escuela Elemental del Trabajo, que é a orixe do noso Instituto Politécnico.

Pasan os anos, e coas lóxicas dificultades da época, producto das diversas situacións sociais: república, guerra civil, dictadura etc, e vaise consolidando na ciudade dita escola de xeito que no ano 1944 díctase unha resolución (B.O.E. 17-12-1944) que parte da Dirección General de Enseñanza Profesional y Técnica, á vista da memoria e planos de estudios que o direcctor do Centro pretendía para a Escuela Elemental del Trabajo de Vigo, coa creación á sua vez da Orientación Profesional y Aprendizaje na que se resolve que os planos de estudios que se deben de establecer sexan os mesmos cós das súas homónimas de Chamartín de la Rosa e Vallecas, con dous cursos de ensinanzas cíclicas. Polo que afecta ás que deben darse na Escuela Elemental del Trabajo, se reduzan a dous cursos de formación de Oficial segundo, un curso para a formación de Oficial primeiro; así como un de ampliación para a formación de Maestro Industrial ou Contramaestre, con planes de estudios idénticos ós que se cursan nas Escuelas Elementales de Trabajo de Madrid e de Gijón. Tamén se permíte a implantación da formación de obreiro especialista mecánico (axustador, torneiro e fresador) e electricista (montador, instalador e bobinador) en dous cursos.

Todo esto dános unha idea da importancia que a Escuela adquiría, xa que é dotada duns planos de estudios que se homologan cos das máis avanzadas da época.

Esta situación académica, mantense ó longo da década dos 40 e parte dos 50, gracias á actividade do Patronato Local de Formación Profesional en directa relación co do Concello sendo director do Centro por aquelas datas D. Rafael Martínez de la Riva.

No ano 1955, díctase a lei de Formación Profesional Industrial (20 de Xullo de 1955), e no artigo 19 reglaméntase a creación das "Juntas Locales de Formación Profesional", e deste xeito, para cumprir dito apartado, promovese pola Alcaldía a constitución da mesma, que se faise o 16 de Decembro de 1955.

Esta xunta, tramita a tenor da citada lei de Formación Profesional Industrial, a transformación da antiga Escuela Elemental del Trabajo no que posteriormente se coñecerá como Escuela de Maestría Industrial, o que se consegue en Ouctubro de 1956, sendo esta data a de arranque da historia que vai a desenvocar na construcción dun edificio que a separe de la Escuela de Peritos Industriales.

En 1958 deasparecen as Juntas Locales de Formación Profesional, pasando as súas funcións ós Patronatos Provinciales o que significou unha dilación de 10 anos na construcción dun novo edifcio.

Por fin en Setembro de 1968 disponse dun centro independente no que se poden desenvolver as ensinanzas de formación profesional de manera autónoma, contando no primeiro momento cos alumnos que proviñian dos estudios de rexime nocturno que se impartían na Escuela de Peritos Industriales.

O primeiro director da Escuela de Maestria no edificio actual foi Don Armando Priegue Guerra.

A escola foi construída para unha capacidade de 500 alumnos constando no seu proxecto orixinal dun edificio en forma de L con tres alturas, sendo a primeira planta a nivel da Rúa Torrecedeira e as outras dúas ocupando niveis inferiores, conectándose a última cun anexo que correspondía orixinalemnte ás naves dos talleres tanto mecánico como eléctrico.

Na primeira planta e na inmediata inferior destináronse espacios para as ensinanzas prácticas de Química, e as específicas de Debuxo.

Tamén en dita primeira planta estaban a sala de profesores e a Biblioteca, e adosado a ela un magnifico salón de actos (o Paraninfo, para todos nós).

O coste do edificio foi , según o acta de recepción definitiva de 21.094.013,23 pts e o seu equipamento sobre 9.000.000 pts, o que deu unha inversión duns 30.000.000 pts, que para aquela época parece un desenvolso moi importante.

Crecemento
Os seguintes cursos son de paulativo crecemento e de consolidación, tratando de que as ensinanzas se ampliaran ó grado de Maestría Industrial, pois era ese un obxectivo perseguido dende hai tempo e que non podo acadarse por no dispor dun centro independente, condición que esixían no M.E.C. para conceder a debida autorización.

Definitivamente implántanse os estudios de Maestría nas ramas de Mecánica e Electricidade.

Con esto péchase o ciclo formativo de xeito que xa se poden ofertar os estudios de Oficialía e Mestría Industrial nas súas respectivas ramas.

A FORMACIÓN PROFESIONAL
Coa promulgación da Ley General de Educación de 1970 comézase a desenrolar o que en adiante se coñecerá como Formación Profesional, que queda establecida en dous graos: a Formación Profesional de 1º grao, (FP1) que se estructura en dous cursos, e que na Escuela de Maestría se superpoñen ás ensinanzas que existían en Oficialía, de xeito que se van sustituindo os cursos de 1º, 2º e 3º polos de FP1 e a continuación polos de FP2, que quedou estructutrado na Escuela en tres cursos, xa que se optou polas ensinanzas de réxime especializado e non polas de rexime xeral, que tiñan un curso de adaptación entre FP1 e FP2, e a continuación unha FP2 de dous anos.

A Escuela de Maestría Industrial, transformou o seu nome en Centro Nacional de Formación Profesional de 1º y 2º Grado, para adecualo ás ensinanzas que nel se impartían.

A aparición da F.P. supuxo unha enorme avalancha de alumnos, que obrigaron materialmente ao establecemento do turno de diurno, que ata estas datas non tiña unha gran implantación.

Tamén se produce un elevado aumento na plantilla do profesorado, non so porque aparecen máis grupos, senón porque existen asignaturas que ata ese momento non tiñan reflexo no curriculum da Oficialía e Maestría,.

Esto conleva, por unha banda, problemas estructurais, é dicir, de espacio físico, xa que aumenta o número de grupos e o número de materias nun centro que na súa concepción non estaba deseñado para iso, e doutra banda de docencia, polo que aparece un conxunto de persoas que inician aquí a súa carreira profesional como docentes, e teñen outra visión da educación que ó seu xuicio debía de impartirse, e que conecta cos cambios que a propia sociedade esta abordadando nestes momentos (Transición Política, Período Constituinte, Nova Constitución, Democracia...)

OS P.N.N.
Os Profesores Non Numerarios, que é a tradución que corresponde ás siglas anteriores, formaron no Centro e na etapa 1974-1980, un grupo dinamizador de primeira orde.

O acceso á docencia, como contratados administrativos en primeriro lugar, polo antígo Patronato da Formación Profesional, e posteriormente como interinos polo M.E.C, dun conxunto de homes e mulleres con idades que oscilaban entre os 21 e 26 anos, na súa maioría, supuxo un cambio xeracional, xa que estes eran maioría no Claustro, que variou o rumbo do propio Centro ata coloca-lo en primeira liña das reindivicacións educativas que por esa data comezaban a ter corpo.

Foron protagonistas da primeira folga (1977) en defensa da estabilidade laboral, cunha duración de 2 meses, así como da constitución da Coordinadora Estatal de P.N.N., que nun principio non estivo ligada a negún sindicato, sendo polo tanto un movemento aberto a todos sen distinción de ideoloxías.

Propuxeron a elección directa polo Claustro do Director do Centro, renunciando á terna de profesores que con anterioridade se presentába para a elección á Delegación Provincial.

Promoveron a aprobación dun regulamento de orde interno, onde se establecía que o Claustro era o órgano soberano do Centro. Tamén se propoñía, entre outras cousas, o establecemento dunha comisión económica e outra académica que incluían no seu seo a presencias dos alumnos.

Dinamizaron a vida cultural do Centro coa creación da Comisión de Actividades Culturais.

Estableceron os canles de participación para os profesores dos centros dependentes de Ponteareas, Tui, Nigrán e Porriño, no Claustro do Centro.

Prodúcese a primeira elección democrática de nova directiva, tras a dimisión por motivos persoais de Don Luis Pellicer Caravaca, segundo director do Centro, formada por unha candidatura conxunta á dirección que se mantivo ata 1982, seguindo a apartir desa data o mesmo rito de presentación de candidacturas colectivas, como rasgo diferenciador doutros centros.

Finalmente e coa promulgación das primeiras oposición (31-12-77), este grupo que na súa composición era heteroxéneo, rematou por disolverse ó converterse en Profesores Numerarios, e acadar destino definitivo noutros centros a partir das oposicións de 1979.