Tod@s somos Rosalía

O día 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro, data do nacemento desta grande escritora que deu comezo a unha nova etapa, importante, dentro da Literatura Galega: o Rexurdimento.

Aínda hoxe Rosalía segue sendo a musa de moitas persoas, un dos piares das nosas letras, unha muller exemplar que soubo transmitir con delicadeza e sabedoría a realidade da Galiza. 

Partindo da proposta realizada pola AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega), conmemoramos este día, que levaba por lema “Tod@s somos Rosalía”, con dúas sesións de lectura dos seus textos literarios, tanto en prosa como en verso, e os participantes foron agasallados cunha flor que levaba nos seus pétalos, feitos en papel, versos da propia autora.