Rediscover the real European values
Resumo do proxecto
O proxecto "Redescubrindo os verdadeiros valores de Europa" concéntrase en axudar aos nenos a descubrir e comprender os principais valores éticos e tradicionais que foron a base da formación da civilización europea, como honestidade, respecto, xenerosidade, tolerancia, bondade, familia, heroísmo, coraxe, educación, respecto ás tradicións, protección do medio ambiente. Así, os nenos, profesores e pais desenvolven novas competencias no campo da conciencia cultural, xunto coas habilidades, coñecementos e actitudes que lles permitan apreciar eses valores e aumentar o seu sentido de iniciativa de facer activos estes valores durante a súa vida, desenvolvendo un sentido de conciencia europea.
O proxecto ten como lema: "Redescubrindo os verdadeiros valores europeos redescubrímonos a nos mesmos e nos facemos persoas mellores e mellores cidadáns da Europa do futuro". Teremos tamén un mascota creado por estudantes e escollida tras un concurso para a súa selección. Durante os 2 anos do proxecto desenvolverasne unha variedade de actividades organizadas nos seguintes temas: valores culturais, éticos, históricos, educativos, valores de desenvolvemento sostible e unha serie de produtos finais, entre os que podemos mencionar: a web, un revista-blog do proxecto, un "cofre do tesouro" coas cousas que son máis representativas das tradicións de cada país, un espazo e-twining, presentacións ppt, artesanía de materiais reciclados, folletos, etc. Usaranse frecuentemente as ferramentas TIC e ferramentas multimedia. Preténdese que as actividades do proxectos sexan transversais e estean integradas no currículo escolar, aumentando así a flexibilidade e o interese en disciplinas diferentes, pero á vez imos desenvolver algunhas das actividades nun programa fóra da escola.
Participantes
O proxecto realízase a través dunha Asociación Comenius Multilateral entre as escolas que se indican a continuación:
- Școala Cu Clasele I-VIII "Mihai Eminescu". Roman (Romanía)
- Liceul Teologic Romano-Catolic "Sf. Francisc De Assisi". Roman (Romanía)
- Tallinn English College. Tallinn (Estonia)
- Istituto Comprensivo Di Gatteo. Gatteo (Italia)
- Vii Istituto Comprensivo “G.A.Costanzo”. Siracusa (Italia)
- I.E.S. Politécnico de Vigo. Vigo (España)
- Aa Ungdomsskole. Lyngdal (Noruega)
- Institution Notre-Dame. Toulon (Francia)
- Gymnasio Ayiou Dhometiou. Nicosia (Chipre)
- Maarten Van Rossem. Arnhem (Holanda)
- Kemal Türkler Primary School. Istanbul (Turquía)