Xornada de Portas Abertas do Campus Industrial de Ferrol
Enviado por charo.cid o Mar, 05/04/2022 - 12:39
O Campus Industrial e o Servizo de Estudantes da Universidade da Coruña organizan, o vindeiro VENRES 22 de ABRIL de 2022, a I Xornada de Portas Abertas do Campus Industrial de Ferrol .
- Quenda de mañá - de 09:00 a 15:00 horas - Colexios e institutos
- Quenda de tarde - de 16:00 a 20:00 horas - Público Xeral (Visitas individuais, grupos de amigos/as, en familia...)
Debes formalizar a túa inscrición na I Xornada de Portas Abertas do Campus Industrial de Ferrol (modalidade presencial) antes das 14:00 horas do LUNS 11 de ABRIL de 2022 -> https://bit.ly/3iooB00
Podes atopar máis información sobre as titulacións da Universidade da Coruña no Campus Industrial de Ferrol no Portal de Estudos<https://estudos.udc.es/gl/StudyAtUdc/degree>.