Proxecto ERASMUS+KA2 2021: ARVETI 4.0.

 

A pasada semana do 13 o 17 de setembro, os profesores do IES Politécnico de Vigo, Miguel A. López e Teresa Prado, estiveron na vila de Luino (Italia) formando parte do proxecto ERASMUS+KA2 2021: ARVETI 4.0.

Este proxecto versa sobre a “Realidade Virtual e Aumentada no ámbito da industria 4.0”. Tratase dun proxecto internacional no que colaboran os centros BBS de Osnabrück (Alemaña), RocFreisePoortSneek (Países Baixos), Vocational College Tredu di Tampere (Finlandia), ISIS Cittá di Luino - C. Volonté (Italia) e o IES Politécnico de Vigo.

A reunión celebrada, TPM1 (Transnational Project Meeting), formou parte da preparación da seguinte mobilidade LTTA1 (Learning, Teaching and Training Activities) que se celebrará a finais de novembro en Alemaña, e na que xa se desprazará tamén alumnado do noso centro. Dita reunión foi a primeira do proxecto e tivera que ser adiada pola pandemia. Finalmente, grazas a mellora da situación sanitaria e da vacinación púidose celebrar.

Nas seguintes ligazóns pódense consultar uns artigos da prensa local italiana facendo eco da noticia.

https://www.luinonotizie.it/2021/09/14/da-germania-olanda-spagna-e-finlandia-a-luino-docenti-insieme-per-sviluppo-e-futuro/342672

https://www.varesenews.it/2021/09/luino-primo-giorno-scuola-allisis-parte-lerasmus/1377814/