O Presidente da Xunta e o Conselleiro de Educación visitan o IES Politécnico

O Presidente da Xunta e o Conselleiro de Educación visitan o IES Politécnico de Vigo para facer o seguimento da reconstrución da maqueta sobre a ordenación de Vigo  proxectada polo arquitecto Antonio Palacios. Esta maqueta formará parte dunha exposición que se inaugurará no mes de setembro no Museo do Mar de Galicia (Vigo), e no que participa o centro a través do profesor Javier Fondevila e os  alumn@s Sabela Fernández e Antonio Presas do departamento de Fabricación Mecánica.