IMPORTANTE: Tarefas de recuperación de Valores éticos para Setembro de 2020.
Tarefas de recuperación de Valores éticos para Setembro de 2020.
O alumnado deberá elaborar un traballo buscando información en internet e/ou outros medios de comunicación acerca do seguinte tema:
Accións solidarias e diferentes mostras de apoio durante a crise do coronavirus.
O traballo deberá ter unha extensión de polo menos 8 páxinas e recopilaranse 8 accións solidarias ou mostras de apoio diferentes. Deberán citarse as fontes de información. Poderá incluir fotografías sobre a información que se aporte. Tamén poderá incluir comentarios ou valoracións persoais acerca das diferentes accións.
Entregarase en formato Word e o alumnado que non o poida facer a ordenador poderá facelo a man con boa letra e sacarlle unha foto co móbil para envialo.
O traballo enviarase a esta dirección de correo electrónico: inesfbujan@gmail.com