Informe Extraordinario do Valedor do Pobo: Adolescentes e Internet en Galicia.

Informe Extraordinario do Valedor do Pobo: "Adolescentes e Internet en Galicia", o estudo máis completo realizado ata o de agora acerca de os hábitos e usos de Internet da nosa mocidade. Como poderán comprobar, este documento reflicte con enorme fidelidade cales son os comportamentos habituais dos máis novos cando se conectan á Rede en canto aos seus horarios, usos das redes sociais ou motivacións para acceder a ela, entre outros aspectos. Ademáis incide e fai análise acerca do papel das familias e dos educadores nesta materia e apunta algunhas pistas para poder detectar casos de posible ciberdependencia entre os rapaces, e que podería afectar a case seis de cada cen mozos de 11 a 18 anos.