EDUCACIÓN PLÁSTICA E AUDIOVISUAL- 4º ESO

 

Ola a todos !!! Espero que estedes moi ben, e que xa, pouco a pouco vaiades saboreando o comezo deste merecido e esperado verán que xa está ás nosas portas. Envíovos a derradeira proposta deste curso. Imos a achegarnos un pouquiño ao mundo do cine. Primeiro ides a ver o seguinte vídeo sobre as orixes do cine:

 

https://www.youtube.com/watch?v=LNorpMtgaVY

 

O voso traballo consistirá en realizar o storyboard dunha curta inventada por vós. O storyboard é o conxunto de imaxes ou ilustracións que serven de guía para entender unha historia. Os stoyboard son o traballo previo ás grabacións das películas. O voso storyboard ten que ter título e tedes que utilizar diferentes tipos de planos (tedes que usar primeiros planos, planos enteiros, planos medios, alguna panorámica e algún plano detalle).

 

Para o que se atreva e lle apeteza envíovos o reto de crear unha curta de stop motion. O stop motion é unha técnica que se utiliza para animar cousas que de por sí non teñen vida. Esta técnica consiste no uso de moitas fotografías que vistas unha tras outra a rápida velocidade crean a sensación de movemento (en realidade é a orixe da animación). Para crear unha curta stop motion (ou tentar animar un obxecto) tedes que pensar unha moi breve historia (algo moi sinxelo) e ir sacando unha fotografía de cada movemento que lle facedes a ese obxecto. Por exemplo: tedes un lápiz apoiado nunha mesa (sacades foto); desplazádelo un pouco (sacades foto); desplazádelo outro pouco (sacades foto); e así sucesivamente… Despois de sacar todas as fotografías que necesitase tedes que descargar no ordeador ou móvil un programa (gratuíto; hai moitos) que vos permita editar vídeos. Unha vez metades as imaxes o programa permitiravos velas todas con continuidade como se o voso obxecto realmente se movese.

 

Envíovos as seguintes curtas stop motion para que teñades algunha idea. Estos son complexos, pero vos facede algo sinxelo:

 

https://www.youtube.com/watch?v=4Ppln6Q19Cs

 

https://www.youtube.com/watch?v=Ijwy8XFC4wg

 

https://www.youtube.com/watch?v=_IVgo9WEUEc

 

Podedes facer un só traballo ou os dous. Enviádeme o traballo antes do 12 de Xuño. Ésta será a data fin para entregar calqueira tarefa. A partir do 12 de xuño non recollerei ningúnha tarefa da materia de plástica.

 

Moito ánimo a todos e parabéns polo voso traballo e esforzo !!!