EDUCACIÓN PLÁSTICA E AUDIOVISUAL-1º ESO

 

Ola a todos !!! Espero que estedes moi ben, e que xa, pouco a pouco vaiades saboreando o comezo deste merecido e esperado verán que xa está ás nosas portas. Envíovos a derradeira proposta deste curso. Nela imos a traballar sobre a comunicación; concretamente con símbolos e iconas. Calqueira imitación da realidade é unha icona, polo tanto os debuxos, as pinturas, as fotografías…son iconas. Os símbolos sen embargo son representacións arbitrarias da realidade; non tratan de imitar á realidade xa que non hai semellanza entre él e o que representan (un bo exemplo é o símbolo da paz ou o símbolo dos xogos olímpicos). Imos a ver uns exemplos:  https://www.slideshare.net/NIEVESLAGO1/simbolos-e-iconos-72825692  

 

O traballo que ides facer consiste en facer unha icona dunha obra de arte. Ides elexir unha obra de arte (pintura, escultura, debuxo…) e intentar copiala ulilizando roupa, obxectos, cousas que teñades por casa, incluso podedes disfrazarvos e aparecer vos na imaxe (solo se queredes); podedes animar a que a vosa familia tamén participe e formen parte da vosa obra. Podedes ver un exemplo no seguinte  enlace:   

https://www.kienyke.com/sites/default/files/styles/amp_1200x675_16_9/public/2020-04/Portada.jpg?itok=btNJwlWg

 

 

O outro traballo que podedes facer é deseñar un símbolo que sexa capaz de representar todo o que levamos vivido neste confinamente. Inventar un símbolo que represente estos case tres meses de cuarentena.

 

Elexide un dos dous traballos e enviádemo antes do 12 de Xuño. Ésta será a data fin para entregar calqueira traballo. A partir do 12 de xuño non recollerei ningún traballo da materia de plástica.

 

Moito ánimo a todos e parabéns polo voso traballo e esforzo !!!