EDUCACIÓN PLÁSTICA E AUDIOVISUAL-4º ESO

Ola a todos!!!, espero que estedes ben. Envíovos a proposta para o novo traballo. Esta vez imos traballar sobre fotografía. Para comezar imos a ver o seguinte vídeo onde nos conta como e cando xurdíu a fotografía:  https://www.youtube.com/watch?v=tQbx8SjyFaE

 

A continuación ides a buscar imaxes de: fotografía artística (tecleade tal cual en internet para ver esas imaxes, despois buscade a Ouka Lele e Chema Madoz, ambos fotógrafos españois).

Despois teredes que buscar imaxes de fotografía xornalística (podedes buscar a Robert Capa) e por último buscar fotografía creativa. Adxunto dous exemplos:

 

https://www.planetacurioso.com/wp-content/uploads/2017/02/fot%C3%B3grafo-creativo-1-e1487692478705.jpg

 

https://i.pinimg.com/originals/64/1f/0a/641f0a31879f58ebdb0e7564e545e669.jpg

 

O traballo consistirá en:

-facer dúas fotografías artísticas tendo en conta citerios estéticos de composición, ritmo, luz… Poñerlle título a cada unha.

-facer dúas fotografías creativas.  

-recortar da prensa ou copiar da prensa en internet dous titulares (títulos de dúas noticias) e representalos fotográficamente. Envíar cada foto co título correspondente.

 

En total serán seis fotografías. Espero que salgan estupendas e creativas fotografías. Cando estén listas enviádeas como sempre ao correo:  iespolitecnico.epv@gmail.com

 

 

Un saúdo e moito ánimo chicos!!!