EDUCACIÓN PLÁSTICA E AUDIOVISUAL-3º ESO

Ola a todos!!!, espero que estedes ben. Envíovos a proposta para o novo traballo. Esta vez imos traballar sobre as ilusións ópticas, é dicir, sobre ilusións ou engaños que percibimos pola vista e que dan lugar á interpretar a realidade de varias formas. Para realizar o traballo tedes que ver o seguinte enlace: https://es.slideshare.net/Sulrra/leyes-de-la-gestalt-e-ilusiones-pticas   Nel explícanse as leis da Gestalt. A Gestalt foi unha corrente psicolóxica alemana xurdida a ppios do S. XX e que se adicou ao estudio da percepción.

 

Unha vez visto o enlace e comprendidas as diferentes leis da Gestalt, o que tedes é que deseñar a vosa propia ilusión óptica baseándovos nunha das leis da Gestalt. A vosa ilusión óptica ten que ser propia, inventada. Cando ma enviedes tedes que decirme á que lei fai referencia. Facédea debuxando nun folio ou lámina A4 e podedes usar coro u non dependendo do que fagades. Procurade que teña un bo acabado.

 

Espero que salgan estupendos e creativos traballos. Cando estea listo enviádeo como sempre ao correo:  iespolitecnico.epv@gmail.com

 

Un saúdo e moito ánimo chicos!!!