Recuperación 2º avaliación Historia Mundo Contemporáneo

I Guerra Mundial:

 

  1. Cales foron as principais fases da guerra? Como cambiaron as estratexias de combate dunha a outra?

  2. Explica as causas da I Guerra Mundial

  3. Que bloques de países se enfrontaron no conflito?

  4. Explica as consecuencias que se derivaron da guerra.

  5. Analiza e comenta o texto. En que modo influíu a culpabilización de Alemaña na xestación e ascenso do nazismo?

Artigo 231.

Os gobernos aliados e asociados declaran e Alemaña recoñece, que Alemaña e os seus aliados son responsables, por causalos, de todos os danos sufridos polos gobernos aliados e asociados e os seus habitantes a consecuencia da guerra, á que lles conduciu a agresión de Alemaña e os seus aliados.

Artigo 232.

Os gobernos aliados e asociados esixen, e Alemaña comprométese, que sexan reparados todos os danos causados á poboación civil das potencias aliadas e asociadas e os seus bens.

Artigo 233.

A contía destes danos, por cuxa reparación debe pagar Alemaña, será fixada por unha comisión interaliada, que tomará o título de Comisión de Reparacións.

 

Tratado de Versalles. Parte VIII. Reparacións.

 

Revolución Rusa:

 

  1. Cal era a situación económica, política e social de Rusia a inicios do século XX?

  2. Que ocorre na Revolución de Febreiro de 1917? E na de Outubro?

  3. Que foi o comunismo de guerra? E a NEP?

  4. Que características tiña o réxime estalinista na URSS?

  5. Define: Soviet, Bolxeviques, Menxeviques, Plans Quinquenais.

 

O periodo de Entreguerras

 

1. Le o texto e responde as preguntas.

 

    “A nosa máis ardua tarefa, a primeira, é facer que o pobo volva ao traballo. Non é un problema insoluble se nos enfrontamos a el con prudencia e valentía. Pode realizarse, en parte, mediante a contratación directa por parte do goberno, actuando como nun caso de guerra pero, ao mesmo tempo levando a cabo os traballos máis necesarios, a partir destas persoas contratadas, para estimular e reorganizar a utilización dos nosos recursos naturais.?

    Discurso de toma de posesión de F. D. Roosevelt. Marzo de 1933.

 

    1. Quen é F. D. Roosevelt?

    2. A que fenómeno fai referencia o texto?

    3. Como se pretende solucionalo?

    4. Tivo éxito o programa? Que nome recibiu?

    5. Que se logrou mediante a súa aplicación?

 

2. Cales foron as causas da Crise de 1929? E as súas consecuencias?

 

3. Le o texto e resolve as cuestións:

 

“Esiximos (...) a reunión de todos os alemáns nunha gran Alemaña. Esiximos para o pobo alemán a igualdade de dereitos coas outras nacións, a abolición do tratado de Versalles e o de Saint Germain. Esiximos territorios para alimentar ao noso pobo e para o establecemento do seu excedente de poboación. Non pode ser cidadán máis que o que forma parte do pobo. Non pode formar parte do pobo máis que o que ten sangue alemán. Ningún xudeu forma parte do pobo.” (Programa do Partido Nacionalsocialista alemán).

 

    1ªQue relación teñen estes postulados co Tratado de Versalles?

    2ªPor que esixe máis territorios?

    3ªQue principios do fascismo aparecen aquí?

4. Como chegou ao poder Mussolini? E Hitler?

5. Que ideas do fascismo aparecen neste discurso?

https://www.youtube.com/watch?v=CoINnm6vdmM