ESA4: SOCIEDADE 29 /4/20 2º BIMESTRE

“Os africanos queren que se lles pague un salario mínimo. Os africanos queren realizar un traballo que sexan capaces de realizar, e non un traballo que o Goberno declare que son capaces de realizar. Os africanos queren que se lles permita vivir onde poidan conseguir traballo, e que non os expulsen dunha zona porque non naceron alí. Os africanos queren que […] non  se lles obrigue a vivir en casas alugadas que nunca poden chamar súas. Os africanos queren […] que non os confinen nos seus propios guetos. […]

Os africanos queren que se lles permita saír despois das once da noite, e non queren que os confinen nos seus cuartos como a nenos pequenos. Os africanos queren que se lles permita viaxar no seu propio país […].

Durante toda a miña vida dediqueime a esta loita dos africanos. Loitei contra a dominación dos brancos, e loitei contra a dominación dos negros. Anhelei o ideal dunha sociedade libre e democrática en que todas as persoas vivan xuntas en harmonía e con igualdade de oportunidades. É un ideal polo que espero vivir […]. Pero, se é necesario, é un ideal polo que estou disposto a morrer.”

Declaración de Nelson Mandela ante o Tribunal Supremo de Pretoria, 20 de abril de 1964

ACTIVIDADES A REALIZAR A PARTIR DO TEXTO

Explica o significado de:  gueto,anhelar.

En que apartado do noso temario  de historia  que estamos estudando enmarcarías este texto?

Investiga e elabora a biografía de Nelson Mandela. Valora a importancia histórica deste personaxe.

Cal é o tema concreto  deste texto?

Que reivindicacións presentou Nelson Mandela ante o tribunal que o xulgou en 1964? Que opinas delas?

O ler o segundo parágrafo con que ves similitude? É unha similitude parcial ou total? Explica a resposta a estes dous interrogantes debidamente organizada en media carilla  como mínimo.

IMPORTANTE. Data límite de entrega o 8 de maio. Este tipo de tarefas requiren tempo para realizalas adecuadamente.
 O alumnado debe ler varias veces o texto e consultar previamente antes información sobre a temática. Recomendo que das respotas que impliquen máis dun parágrafo  se realicen antes borradores.

Dolores Losada Arias: profesora de Sociedade e titora de ESA4.
Correo: dolores.losada.arias@edu.xunta.gal