Proyecto Comenius Regio - 2ª Reunión 06-10/06/2011 en Vigo

                 Comenius Regio

      O Instituto Politécnico de Vigo está inmerso en varias actividades europeas, entre elas, e coa colaboración do concello, estase desenvolvendo un Proxecto "Comenius Rexio". O Concello de Vigo e o goberno do Landkreis Osnabrück constitúen os socios principais deste proxecto, que ten como obxectivo preparar a realización de futuros intercambios de alumnado coa cidade alemá de Osnabrück.

Recepción no Concello

      Entre os días 6 e 10 de xuño unha delegación da rexión alemá visitan Vigo. Este martes 7 a concelleira en funcións de Educación, Laura López Atrio, ten a recepción oficial dos principais socios do proxecto, entre os que asisten representantes do goberno do Landkreis Osnabrück, da universidade e de institutos de devandita rexión. Por parte viguesa tamén asisten representantes do IES Politécnico, da Asociación de Pais e do Club Deportivo Galego de Kinball.

      Esta visita responde á realizada a Osnabrück no mes de xaneiro pola representación de Vigo. Estes días a delegación alemá tamén realizará visitas a empresas da contorna e ao campus universitario.

      Nestes encontros de traballo establécense os acordos para permitir o intercambio de alumnado entre ambas cidades. Unha vez finalizado este proxecto calquera centro de Vigo poderá realizar intercambios organizados con centros de Osnabrück.

      No entanto o Politécnico xa está realizando actividades con esta cidade alemá, enviando aos seus alumnos de ciclos formativos a realizar as prácticas en empresas e ao seu alumnado de bacharelato a realizar intercambios co alumnado alemán. De feito, o próximo día 24 partirán para Hamburgo un grupo de alumnos de bacharelato.

      PROGRAMA DAS REUNIÓNS